Xornada - Sociedade, economía e territorio. 3 de abril de 2025

Sociedade, economía e territorio

CCG. Acolle | Xornada

Sociedade, economía e territorio

Foros Grial. Galicia 2050. Pensar cara adiante

3 de abril de 2025
Santiago de Compostela
CCG. Acolle | Xornada

Sociedade, economía e territorio

Foros Grial. Galicia 2050. Pensar cara adiante

3 de abril de 2025 Santiago de Compostela
O xoves 3 de abril ás 16:00 horas o Salón de actos do Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela) acolle unha nova edición dos Foros Grial, baixo o título “Galicia 2050. Pensar cara adiante. Sociedade, economía e territorio”.

No marco da celebración do 75 aniversario de Editorial Galaxia, a revista Grial promove os "Foros Grial. Galicia 2050", un ciclo de catro encontros que comezaron no mes de novembro de 2024 e que continúan ata outubro de 2025, co obxectivo de pensar o futuro de Galicia, propoñendo reflexións e ideas en ámbitos clave da nosa sociedade e cultura.

A xornada "Sociedade, economía e territorio", que propón un debate colectivo arredor dos desafíos que enfrontará o país nas vindeiras décadas, está coordinada por Ramón Villares e Xoaquín Fernández Leiceaga, e abrirase cun acto de presentación no que intervirá Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia, Henrique Monteagudo, director da revista Grial, e Ramón Villares, como coordinador.

O programa integra catro relatorios principais:

• 16:15 h. Ramón Villares. Afondará en como pensar historicamente o futuro de Galicia, tomando como referencia estudos realizados nas décadas pasadas e interrogándose sobre o papel da nosa sociedade nos próximos 25 anos.

• 17:00 h. Antía Pérez Caramés. Ofrecerá unha análise prospectiva da demografía galega, examinando os cambios máis recentes e os retos futuros en termos de estrutura de idade, avellentamento e fluxos migratorios.

• 18:00 h. Xoaquín Fernández Leiceaga e Edelmiro López Iglesias. Exporán unha visión conxunta sobre “as perspectivas económicas dos nosos netos”, como reza o título do seu bloque, avaliando os escenarios de crecemento, ocupación, produtividade e cohesión territorial.

• 18:45 h. Luciano G. Alfaya. Preguntarase que facer co territorio cunha reflexión sobre os modelos de ordenación e as ferramentas urbanísticas necesarias para afrontar o futuro con garantías.
Programa
Ficha técnica 
CCG. Acolle | Xornada
Sociedade, economía e territorio
Foros Grial. Galicia 2050. Pensar cara adiante
Cando
3 de abril de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202