Difusión - Orientación gallega. 15 de maio de 2025

Orientación gallega

Repertorio da prensa da emigración galega

Orientación gallega

15 de maio de 2025
Consellodacultura.gal
Difusión
Repertorio da prensa da emigración galega

Orientación gallega

Consellodacultura.gal

Orientación gallega

Repertorio da prensa da emigración galega

O Repertorio da prensa da emigración galega proxecto que mantén o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora este mes de maio trinta números do xornal Orientación Gallega de Bos Aires.
Os trinta números que hoxe se suman ao Repertorio de Prensa da Emigración Galega van do período de 1962 a 1965. A publicación xurdiu froito das loitas internas no seo da Federación de Sociedades Gallegas, como voceiro da Unión Federal Gallega Democrática, facción que critica fortemente a través desta revista a orientación "comunista", que, segundo eles, está a tomar a entidade. Progresivamente concederán unha maior atención a outros temas da colectividade, informando da situación galega e das actividades das sociedades e dos centros provinciais. A publicación recolle artigos de intelectuais galegos e colaboracións literarias como Andrés Torres Queiruga, Celso Emilio Ferreiro, Eliseo Pulpeiro, Francisco Fernández del Riego, Manuel Lueiro Rey, Ramón Otero Pedrayo ou Valentín Paz-Andrade, entre outros.

O Repertorio da prensa da emigración galega
En 1998, froito dun traballo de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra, nace o Repertorio da prensa da emigración galega, un proxecto que busca difundir o patrimonio documental producido pola comunidade galega do exterior e que, hoxe en día, mantén actualizado o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Nel, recompílase unha relación das publicacións galegas (boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, prensa política, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, publicacións institucionais etc.) editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega. Aínda que os números das diferentes cabeceiras se poden consultar directamente nas instalacións do AEG, cada mes dixitalízanse novos exemplares que se poñen á disposición dos usuarios e usuarias para seren consultados en liña no web institucional do CCG.
 
Difusión
Repertorio da prensa da emigración galega
Orientación gallega
Data de publicación
15 de maio de 2025
Onde
Consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)