Na nova entrega de Sextina, do CDIF, publicamos As mulleres somos, un número monográfico dos Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura; n. 10, centrado nas discriminacións nas que se ven envoltas as mulleres polo feito de selo e na dificultade de que as propostas feministas callen entre a sociedade. Componse de entrevistas, artigos e un guieiro bibliográfico nas últimas páxinas.