Número monográfico centrado nas discriminacións nas que se ven envoltas as mulleres polo feito de selo e na dificultade de que as propostas feministas callen entre a sociedade. Componse de entrevistas, artigos e un guieiro bibliográfico nas últimas páxinas.

As protagonistas das entrevistas son: María Xosé Queizán, escritora feminista; María Xesús Arias, residente da Casa de Acollida de Ferrol; Mertxe Inza, Directora do Centro de Información dos Dereitos da Muller e Casa de Acollida de Vigo e varias mulleres agredidas.

Nos artigos: Rosa Miguélez aborda a igualdade real, Mercedes Pintos, a violencia contra as mulleres; Nanina Santos fala das mulleres en Galicia, Asunción Caamaño das traballadoras de Charpo, Begoña Caamaño do acoso sexual no traballo, Manuela Veiga dos cambios necesarios nos homes para acadar a igualdade real, Ana Gandón e Pilar García Negro da relación mulleres e políticas públicas, Felisa Balboa Cardoso da depresión nas mulleres, Carmen Panero da linguaxe inclusiva e Xulia Fraga as disfuncións sexuais.

Titulo As mulleres somos
[Cadernos A Nosa Terra de pensamento e cultura; n. 10]
Coordinación Manuel Veiga
Publicación [Vigo]: Promocións Culturais Galegas S.A., 1991
Edición 1ª edición
Descrición física 48 p.: il., cor; 28,50 x 21 cm
Depósito Legal VG 90-1989
Colección Sextina
Materias
Áreas
Código QR
qr code