Xornada - Sobrevivir no jazz en Galicia: entre a paixón e a profesión. Xoves, 6 de novembro de 2025

Sobrevivir no jazz en Galicia: entre a paixón e a profesión

Xornada

Sobrevivir no jazz en Galicia: entre a paixón e a profesión

Xoves, 6 de novembro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

Sobrevivir no jazz en Galicia: entre a paixón e a profesión

Xoves, 6 de novembro de 2025 Santiago de Compostela

O jazz é unha música con raíces profundamente vencelladas á historia e á cultura afroamericana, mais tamén constitúe unha linguaxe universal que foi adaptándose e evolucionando en distintos contextos culturais, como o galego. Estas xornadas, as primeiras organizadas polo Consello da Cultura Galega arredor deste xénero, propoñen unha reflexión sobre a escena actual do jazz en Galicia, centrando a atención nos desafíos relacionados coa memoria, a formación e a vida profesional. Abordaranse tamén as oportunidades para os músicos e para o sector en xeral, as barreiras existentes e as accións necesarias para construír un ecosistema máis sustentable.
A xornada abrirase cun relatorio que afondará na memoria do jazz en Galicia, ofrecendo unha reflexión sobre a música negra, a cultura afrodescendente e os procesos de aculturación no contexto galego. Galicia desenvolveu unha escena jazzística ecléctica, en diálogo co panorama europeo, que xa se está a proxectar en festivais e salas de todo o mundo.
Na primeira das mesas redondas, centrada na formación e nas políticas públicas, participarán músicos en activo con traxectorias contrastadas, que combinan a súa carreira artística coa docencia en escolas públicas e privadas de Galicia e do norte de Portugal. As políticas culturais teñen entre os seus obxectivos promover a formación e a creación musical, garantir a diversidade e abrir novas oportunidades para o sector, fomentando a súa difusión. Como están a abordar as administracións públicas a situación actual? Que perspectivas existen para o futuro inmediato?
A segunda mesa redonda acollerá un diálogo sobre a vida profesional dos músicos. Contará coa participación de programadores, representantes de festivais e axentes. A sesión abordará cuestións como a autoxestión fronte á representación profesional: que implica autoxestionarse como artista no contexto galego e portugués?, cal é o papel dun programador fronte á autoxestión?
Tamén se presentarán experiencias concretas como as da asociación Eixo do Jazz e os festivais Jazz de Ría e Canjazz. Compartiranse visións e estratexias para continuar programando e desenvolvendo unha vida profesional no contexto actual. Esta sesión ofrecerá tamén consellos prácticos para artistas, coa intención de impulsar a súa proxección internacional e fortalecer os vínculos entre os circuítos emerxentes e os máis consolidados.
Para pechar a xornada, dous dos músicos máis destacados da nova xeración presentarán as súas visións sobre o presente e o futuro do jazz en Galicia, desde a perspectiva da creación contemporánea.
Ficha técnica 
Xornada
Sobrevivir no jazz en Galicia: entre a paixón e a profesión
Cando
Xoves, 6 de novembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Ramón Pinheiro Almuinha
Felipe Villar
Participante
Ramón Bermejo
Xan Campos
Aitana Cuétara
Marcelino Galán
Cristina Marvão
Abe Rábade
Felipe Villar
Relator/a
Eva Moreda
Intérprete
Sunil López
Miguel Seoane
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais (CCG)

Imaxe da portada: Cris Grande | Festival Nigránjazz