Festival - Festival de Filosofía de Galicia. 26 e 27 de setembro de 2025

Festival de Filosofía de Galicia

Festival de Filosofía de Galicia Festival

Festival de Filosofía de Galicia

SEXO E FILOSOFÍA

26 e 27 de setembro de 2025
Santiago de Compostela
Festival
Festival de Filosofía de Galicia

Festival de Filosofía de Galicia

SEXO E FILOSOFÍA

26 e 27 de setembro de 2025 Santiago de Compostela
O Festival de Filosofía de Galicia, organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, chega á súa terceira edición coa ollada posta no sexo. Logo da edición de 2020, centrada no concepto de liberdade, e da de 2022, na que se reflexionou sobre as Sophias en escenarios das cidades de Santiago de Compostela e Ourense, o festival desta edición 2025 propón unha mirada sobre un tema tan antigo como radical: o sexo. Sexo e filosofía. Corpo e pensamento. Desexo e palabra. Non se trata dun xogo de contrarios, senón dunha aposta por abrir espazos de reflexión onde o pracer e a linguaxe, a ética e o erotismo, a historia e a liberdade poidan dialogar sen censura nin prexuízos.

Vivimos nun tempo en que o sexo está hiperpresente e, paradoxalmente, cada vez máis desprovisto de sentido e banalizado. A cultura dixital, os discursos moralizantes, os mercados do corpo e da identidade esixen unha ollada crítica que non renuncie á sensibilidade. A filosofía —esa forma de pensar que debe deixarse afectar— pode axudarnos a escoitar as preguntas que o sexo segue formulando: que desexamos cando desexamos? Que lugar ocupa o corpo na nosa idea de liberdade? Que ten que ver o pracer coa política? Que pode un corpo?

Nesta proposta aberta e interdisciplinar, a palabra filosófica acompáñase doutras formas de expresión: a música, a poesía, a escena. Porque pensar non é só razoar: tamén é sentir, vibrar, estremecerse. E porque o pensamento —cando é auténtico— sempre implica un risco: o de deixarse tocar polo que nos interpela.

Ao longo de dous días, nunha combinación de conferencias, recitais e espectáculos, o festival convídanos a cruzar fronteiras e a recuperar o sentido emancipador do pensamento. Pensar, ao fin, é un exercicio de liberdade. E, neste exercicio, o sexo non é un tema máis, senón un territorio onde se xogan a identidade, o poder, o amor, o humor, o conflito e o sentido mesmo de vivir entre outros e con outros.
Ficha técnica 
Festival
Festival de Filosofía de Galicia
Festival de Filosofía de Galicia
SEXO E FILOSOFÍA
Cando
26 e 27 de setembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Centro Sociocultural Maruxa e Coralia
Praza de Salvador Parga, 4
15704 Santiago de Compostela

Centro Galego de Arte Contemporánea
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela

Coordinación
Celia Pereira Porto
Relator/a
Carlos Fernández Liria
Andrea Fernández Maneiro
Diana Kurich
Elena Lázaro Real
Clara Vidal López
Intérprete
Manuel Dopico Orjales
Meiga-i
Inés Mirás Vieites
Talía Teatro
Presenta
Francisco Castro Veloso
Ricardo Fandiño Pascual
Antonio Fernández Seoane
Celia Pereira Porto
Dolores Vilavedra
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Pensamento (CCG)
Colabora
Centro Galego de Arte Contemporánea
Concello de Santiago de Compostela