Artes escénicas - <i>deseXo</i> de Talía Teatro. Sábado, 27 de setembro de 2025 ás 18 horas

deseXo de Talía Teatro

Festival de Filosofía de Galicia Artes escénicas

deseXo de Talía Teatro

SEXO E FILOSOFÍA

Sábado, 27 de setembro de 2025 ás 18 horas
Santiago de Compostela
Artes escénicas
Festival de Filosofía de Galicia

deseXo de Talía Teatro

SEXO E FILOSOFÍA

Sábado, 27 de setembro de 2025 ás 18 horas Santiago de Compostela
O Festival de Filosofía de Galicia, organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega, chega á súa terceira edición coa ollada posta no sexo. A filosofía —esa forma de pensar que debe deixarse afectar— pode axudarnos a escoitar as preguntas que o sexo segue formulando: que desexamos cando desexamos? Que lugar ocupa o corpo na nosa idea de liberdade? Que ten que ver o pracer coa política? Que pode un corpo?

Ao longo de dous días, nunha combinación de conferencias, recitais e espectáculos, o festival convídanos a cruzar fronteiras e a recuperar o sentido emancipador do pensamento. Pensar, ao fin, é un exercicio de liberdade. E, neste exercicio, o sexo non é un tema máis, senón un territorio onde se xogan a identidade, o poder, o amor, o humor, o conflito e o sentido mesmo de vivir entre outros e con outros.

A compañía Talía Teatro porá peche ao festival coa posta en escena de deseXo o sábado, 27 de setembro, ás 18:00 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea.

deseXo é un espectáculo de nova creación que nace a partir da seguinte pregunta: como afecta a pornografía ás nosas vidas? A proposta está concibida como unha reflexión en ton cómico sobre a ausencia xeneralizada da formación sexual na nosa comunidade, tanto no ámbito doméstico como no marco formativo regrado, e a súa substitución polo que se aprende na pornografía e nas redes sociais, coa consecuente aparición de malos hábitos, frustracións, estereotipos sexistas e unha excesiva presión á hora de manter relacións afectivo-sexuais. Ao remate, haberá unha posfunción coa sexóloga Bárbara Penas, asesora do espectáculo.

Esta actividade conta con formulario de inscrición propio ao se realizar fóra da sede do festival no CSC Maruxa e Coralia.

Se queres ver o programa completo e inscribirte nas outras sesións do festival podes facelo aquí.
Ficha técnica 
Artes escénicas
Festival de Filosofía de Galicia
deseXo de Talía Teatro
SEXO E FILOSOFÍA
Cando
Sábado, 27 de setembro de 2025 ás 18 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Centro Galego de Arte Contemporánea
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 2
15703 Santiago de Compostela

Organiza
Consello da Cultura Galega
Colabora
Centro Galego de Arte Contemporánea