Xornada - O marisqueo en Galicia: tradición, ciencia e desenvolvemento económico. Martes, 30 de setembro de 2025

O marisqueo en Galicia: tradición, ciencia e desenvolvemento económico

Xornada

O marisqueo en Galicia: tradición, ciencia e desenvolvemento económico

Martes, 30 de setembro de 2025
Santiago de Compostela
Xornada

O marisqueo en Galicia: tradición, ciencia e desenvolvemento económico

Martes, 30 de setembro de 2025 Santiago de Compostela

O cultivo de moluscos, xa sexa en terra ou en batea, é parte da identidade social e cultural de Galicia e constitúe, ademais, un piar económico fundamental das comunidades pesqueiras da nosa rexión. Esta práctica forma parte da imaxe consubstancial desta comunidade e de aí xorden as iniciativas para que o marisqueo sexa declarado patrimonio cultural inmaterial da humanidade pola UNESCO. De feito, o turismo mariñeiro estase a consolidar como unha das ofertas turísticas diferenciais de Galicia, na que se destaca a conexión entre a tradición e o desenvolvemento económico local.

Non obstante, nos últimos anos observouse unha perda preocupante de produtividade dos parques marisqueiros de Galicia e os indicios apuntan a tres factores predominantes: contaminación, cambio climático e especies invasoras.

O obxectivo desta xornada, coordinada por Alicia Estévez Toranzo, da Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, é analizar os numerosos retos (biolóxicos, ambientais, químicos) que ameazan a produción marisqueira das nosas rías, así como as accións necesarias por parte da comunidade científica e da Administración con miras á súa mitigación. Para iso contamos con prestixiosos especialistas de institutos e universidades galegos que darán conta da situación do marisqueo ante os retos do cambio global e das oportunidades para asegurar o seu futuro sostible.
Ficha técnica 
Xornada
O marisqueo en Galicia: tradición, ciencia e desenvolvemento económico
Cando
Martes, 30 de setembro de 2025
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Alicia Estévez Toranzo
Participante
Miguel Balado Dacosta
Rafael Bañón Díaz
Isaac Rodríguez Pereiro
Covadonga Salgado Blanco
Elsa Vázquez Otero
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade (CCG)

Imaxe da portada: Anna Turbau, Mariscadoras na Ría de Noia, 1978. Fondo Anna Turbau. Consello da Cultura Galega