Mesa redonda - A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas. 24 de setembro de 2025

A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas

Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) Mesa redonda

A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas

24 de setembro de 2025
Carballo
Mesa redonda
Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)

A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas

24 de setembro de 2025 Carballo
A regueifa é un desafío oral improvisado en verso, tamén chamado desafío ou repente, que xa aparece na Idade Media como tenzón. A regueifa non é exclusiva de Galicia, tamén se practica noutras partes do mundo: en Euskadi ten unha longa tradición, en Cataluña organízanse encontros a nivel estatal, en Cabo Verde chámase finaçon, e os inuit realizan xustas dialécticas enfocadas en demostrar quen ten razón, sen intención de humillar ao outro. Tamén o rap comparte esa esencia, aínda que con códigos propios. En Galicia, a regueifa está documentada en zonas como Bergantiños, O Courel e Os Ancares, onde se coñecía como brindo ou loia, e celebrábase en vodas louvando ás familias. Nos anos 80, o evento deixou de centrarse na competición e converteuse nun espectáculo festivo.

A regueifa é esencial para a identidade cultural galega, preservando tradicións e saberes locais. Combina improvisación, rima e creatividade, fomentando a participación comunitaria. Nos últimos anos, a improvisación oral en verso estendeuse a moitos centros de ensinanza galegos e na actualidade a súa adaptación garante a conservación do patrimonio oral e a súa conexión coa cultura global, mantendo viva a tradición.

O Consello da Cultura Galega colabora co Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo na organización da mesa redonda A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas, que pon o foco na regueifa, un rico elemento do noso patrimonio cultural inmaterial. Nesta sesión, Domingo Blanco introducirá a historia do canto improvisado e logo moderará unha mesa na que participarán Manuel Maseda e Lupe Blanco, abordando temas como a educación e a situación actual desta tradición. Bergantiños é una terra rica nestas manifestacións, que en Carballo aínda se manteñen vivas a través de diversos proxectos que a poñen en valor.
Ficha técnica 
Mesa redonda
Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)
A arte do canto improvisado: tradición, ensino e perspectivas contemporáneas
Cando
24 de setembro de 2025
Onde
Carballo
Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan, s/n
15100 Carballo

Coordinación
Alejo Amoedo Portela
Relator/a
Domingo Blanco Pérez
Lupe Blanco Vázquez
Manuel Maseda Deán
Presenta
Rosario Álvarez
Alejo Amoedo Portela
Maruxa Suárez Cotelo
Organiza
Arquivo Sonoro de Galicia (CCG)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Concello de Carballo
Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)

Imaxe da portada: Romaría en Noia entre 1890-1900. Fotografía de Prieto Guerra. Depósito: Real Academia Galega