Encontro - As danzas brancas. Venres, 17 de outubro de 2025

As danzas brancas

Comunidades e patrimonio cultural inmaterial Encontro

As danzas brancas

Venres, 17 de outubro de 2025
Mondariz
Encontro
Comunidades e patrimonio cultural inmaterial

As danzas brancas

Venres, 17 de outubro de 2025 Mondariz
As danzas brancas —que toman este nome do emprego polos danzantes das pezas de roupa branca que van por baixo da vestimenta tradicional: camisas, cirolas, enaguas—, tamén coñecidas como danzas gremiais, pola súa probábel orixe nas asociacións gremiais de artesáns da Idade Media, son danzas de tipo ritual que inclúen, ademais das danzas gremiais propiamente ditas, as de Reis e de entroido, de confrarías etc.; teñen cabida dentro do espectro da música e do baile tradicionais e son parte integrante dos «usos sociais, rituais, cerimonias e actos festivos» recoñecidos como patrimonio inmaterial na Lei do patrimonio cultural de Galicia.

Son múltiples as manifestacións destas danzas ao longo de Galicia; malia que moitas delas se perderon, outras conserváronse ou foron recuperadas e constitúen unha mostra da riqueza etnográfica do noso pobo. Como destacou o Manifesto de constitución da Asociación Galega das Danzas Brancas ou Gremiais, «[e]ste patrimonio etnográfico aínda pervive grazas á querencia e amor pola súa cultura de moitas colectividades parroquiais que se esforzan en representalas unha vez ó ano, o día da festa», manténdoas vivas ou recuperándoas dos anos de silencio.

Neste encontro faremos un percorrido por tales danzas, desde a súa orixe, os diferentes tipos e características e a súa relevancia cultural ata o seu recoñecemento como parte do patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Contaremos coa participación de representantes de diversos grupos de danzantes cos que falaremos do papel que ten a comunidade na preservación desta práctica, que accións se están tomando para garantila, como funcionan, cal é o rol das mulleres como danzantes ou portadoras e que medidas de apoio consideran necesarias.
Ficha técnica 
Encontro
Comunidades e patrimonio cultural inmaterial
As danzas brancas
Cando
Venres, 17 de outubro de 2025
Onde
Mondariz
Lugar

Centro Social de Mondariz
Rúa Miguel Ángel Blanco, 1
36890 Mondariz

Coordinación
Paula Ballesteros-Arias
Ana Estévez Lavandeira
Teresa Nieto Freire
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)
Colabora
Concello de Mondariz

Imaxe da portada: Eutropio Rodríguez