Xornada - Do conto popular e as súas reescrituras. . Sábado 8 de novembro de 2025

Do conto popular e as súas reescrituras.

Xornada

Do conto popular e as súas reescrituras.

Vicente Risco no xerme da literatura infantil galega

Sábado 8 de novembro de 2025
Allariz
Xornada

Do conto popular e as súas reescrituras.

Vicente Risco no xerme da literatura infantil galega

Sábado 8 de novembro de 2025 Allariz
A perspectiva etnográfico-antropolóxica, vinculada á literatura de tradición oral, configura unha das liñas estratéxicas na multifacética obra de Vicente Risco, que promoveu a través de diferentes medios (xornais, revistas, traballos pedagóxicos) o coñecemento da materia contística e lendaria galega.

Desde o activismo cultural, Risco traballou na recuperación dunha tradición oral que tiña de ser transmitida aos máis novos, para facelos conscientes do feito diferencial galego e dotalos do coñecemento dos seus símbolos, mitos e costumes, enmarcados na reconstrución da conciencia galeguista. Tentábase así espertar a autoestima e o amor ao propio, un sentimento que se materializa nas «manifestacións visibles dunha alma colectiva […] substancial e distinta», da que os máis novos fan parte.

Nesta xornada tratarase a relevancia da produción risquiana na recompilación dos materiais da tradición oral, o papel das reescrituras no sistema literario infantil e xuvenil ao longo do tempo e a necesidade de seguir promovendo o coñecemento dunha produción que esmorece, tal como a sociedade tradicional que lle deu forma, fronte á sociedade dixital e globalizada. Mais non por iso podemos ignorar o drama de non sermos quen de «re-aprender» da tradición oral, de aproveitar un dos modelos pedagóxicos máis sinxelos e máis eficaces, de crer e crear comunidade.
Ficha técnica 
Xornada
Do conto popular e as súas reescrituras.
Vicente Risco no xerme da literatura infantil galega
Cando
Sábado 8 de novembro de 2025
Onde
Allariz
Lugar

Fundación Vicente Risco
Rúa de San Lourenzo, nº 3
32660 Allariz

Coordinación
Isabel Mociño
Participante
Marcos Calveiro
Delfín Caseiro
Xosé Fernández Fernández
Carmen Ferreira Boo
César Lorenzo Gil
Isabel Mociño
Camiño Noia Campos
Xulio Pardo de Neyra
Antonio Reigosa
Inma Soto
Organiza
Consello da Cultura Galega
Fundación Vicente Risco
Fundación Vicente Risco
Colabora
Concello de Allariz
Concello de Allariz
Facultade de Educación e Traballo Social. Universidade de Vigo
Facultade de Educación e Traballo Social. Universidade de Vigo

Imaxe da portada: Debuxo orixinal de Vicente Risco