Xornada - II Xornadas de patrimonio inmaterial. 14 e 15 de novembro de 2025

II Xornadas de patrimonio inmaterial

XPI Xornada

II Xornadas de patrimonio inmaterial

14 e 15 de novembro de 2025
Vilalba
Xornada
XPI

II Xornadas de patrimonio inmaterial

14 e 15 de novembro de 2025 Vilalba
O Consello da Cultura Galega, o Instituto de Estudos Chairegos e o Concello de Vilalba organizan a "II Xornadas de Patrimonio Inmaterial", que se realizarán os días 14 e 15 de novembro de 2025 na Casa da Cultura de Vilalba.

O programa das xornadas comeza o venres 14 ás 17:30 horas coa inauguración a cargo de Marisa Barreiro e Marta Rouco, e seguirá coa inauguración e presentación das exposicións "Lévame a idea. Unha mostra para o recoñecemento das creadoras e de tradición oral galega” e "Os fios da Moura. Tecido e Patrimonio", e cunha sesión de relatorios na que participarán Miriam Fernández Otero, historiadora da arte, e José Gómez de Bernardo, mestre canteiro.

O sábado 15 desde as 11:00 horas o programa prosegue cos relatorios de Lidia Mariño Ventoso, antropóloga e fisioterapeuta, Ricardo Gómez Polín, doutor en Filoloxía e historiador, e Blanca Villares Naveira, docente.

Despois da clausura das xornadas terá lugar a ofrenda floral no monolito conmemorativo da constitución das Irmandades da Fala en Vilalba.
Ficha técnica 
Xornada
XPI
II Xornadas de patrimonio inmaterial
Cando
14 e 15 de novembro de 2025
Onde
Vilalba
Lugar

Casa da Cultura de Vilalba
Plaza Suso Gayoso, 1, 27800 Vilalba, Lugo

Participante
Miriam Fernández Otero
Xosé Gómez de Bernardo
Lidia Mariño Ventoso
Ricardo Polín
Blanca Villares Naveira
Inauguración
Marisa Barreiro
Marta Rouco
Organiza
Concello de Vilalba
Concello de Vilalba
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega
Instituto de Estudos Chairegos
Instituto de Estudos Chairegos