Encontro - Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva . 12 de novembro de 2025 ás 11:30 horas

Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva

Vidas Paralelas

Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva

Poesía. A propósito de Camões

12 de novembro de 2025 ás 11:30 horas
Lisboa
Encontro
Vidas Paralelas

Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva

Poesía. A propósito de Camões

12 de novembro de 2025 ás 11:30 horas Lisboa
Vidas Paralelas é unha iniciativa da Cátedra de Estudos Galegos (Facultade de Letras, Universidade de Lisboa), en colaboración co Consello da Cultura Galega, que busca destacar, difundir e deixar memoria das afinidades electivas entre dúas individualidades, unha galega e outra portuguesa, importantes nos diversos eidos culturais ―universo académico, literatura, cinema, teatro, arquitectura... ― de cada país.

A proposta consta de dúas fases: a primeira, formada por dúas entrevistas individuais que procurarán deliñar un itinerario biográfico que comporte un certo autorretrato intelectual, incidindo de xeito particular nos vencellos mutuos entre as dúas personalidades seleccionadas.

Estas entrevistas culminan nun encontro-coloquio entre ambas as dúas, coa finalidade de propiciar unha reflexión retrospectiva sobre os cruzamentos culturais entre o mundo galego e o portugués, así como as súas circunstancias históricas específicas, pero tamén a súa evolución no tempo ata a actualidade. A conversa será conducida pola persoa moderadora do encontro. O coloquio realizarase en diversos espazos de Lisboa vencellados á Cátedra de Estudos Galegos ou cedidos na cidade no ámbito da colaboración institucional con esta.

Tanto as entrevistas como o coloquio quedarán gravados e a disposición do público interesado nos espazos dixitais do Consello da Cultura Galega e da Cátedra de Estudos Galegos, co ánimo de ir constituíndo un acervo valioso que se converta nun lugar de memoria sobre as relacións históricas e culturais entre Galicia e Portugal.

A terceira sesión de Vidas Paralelas, celebrada no marco das conmemoracións dos 500 anos do nacemento de Camões, achéganos ás relacións da literatura galega coa portuguesa e, sobre todo, á pegada da obra de Camões e o notábel impacto creativo de obra camoniana nos autores máis importantes da literatura galega. Os especialistas Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva relembran a matriz galaica, especie vizosa na densa foresta da difusión da obra de Camões.

As seguintes sesións previstas de Vidas Paralelas levarannos a outros campos como a historiografía, o teatro, a narrativa, a arquitectura ou a poesía.
Ficha técnica 
Encontro
Vidas Paralelas
Hélio Alves e Xosé Manuel Dasilva
Poesía. A propósito de Camões
Cando
12 de novembro de 2025 ás 11:30 horas
Onde
Lisboa
Lugar

Associação Portuguesa de Escritores
R. de São Domingos 17
1200-678 Lisboa

Relator/a
Hélio Alves
Xosé Manuel Dasilva
Modera
Ana Sánchez Tarrío
Presenta
Rosario Álvarez Blanco
Organiza
Cátedra de Estudos Galegos (Universidade de Lisboa)
Consello da Cultura Galega
Colabora
Associação Portuguesa de Escritores
Associação Portuguesa de Escritores