Exposición - A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral. Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

A pandeireta galega Exposición

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026
Lugo
Exposición
A pandeireta galega

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026 Lugo
Un aro de madeira, pel natural e algunhas ferreñas foron suficientes para conquistar un espazo no grande universo dos instrumentos musicais. A súa tipoloxía podémola rastrexar desde tempos inmemoriais en diferentes culturas. En Galicia mantivo sempre a súa característica forma circular, e así aparece reflectida na obra dos principais artistas nas últimas décadas do século XIX e primeiros anos do XX, que buscan a aproximación á cultura popular a través da paisaxe, as persoas e os costumes. A pesar da súa sinxeleza, a pandeireta acadou altas cotas de popularidade como instrumento de acompañamento nas mans de recoñecidas cantareiras. Hoxe, seguindo as pegadas desa tradición, xunto coa reinterpretación e a achega de novas músicas, o instrumento está acadando novos espazos dentro das actividades artísticas e culturais, tamén coa incorporación de mans masculinas.

En liña coa celebración da poesía popular oral no ano das Letras Galegas, propoñémonos achegarlle ao público o labor de profesionais na construcción e interpretación do seu instrumento máis representativo, a pandeireta, a través dunha exposición itinerante e unhas xornadas que a acompañan, como recurso pedagóxico que consideramos valioso para fomentar e proxectar esta parte do patrimonio sonoro galego; a iniciativa contribúe, por outra parte, con documentos históricos e de nova creación aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia, para que, ao igual que se fixera coas gravacións de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, os poña á disposición da sociedade.

A pandeireta galega é un testemuño vivo da memoria cultural de Galicia. Conservala significa respectar as raíces, os xestos e os sons que acompañaron xeracións. Con todo, a tradición só se mantén forte cando dialoga co presente. Innovar en materiais, técnicas e formas de interpretación non implica romper co herdado, senón darlle novas posibilidades de futuro. Neste equilibrio entre respecto polo ancestral e apertura ao contemporáneo reside a verdadeira riqueza.


Ficha técnica 
Exposición
A pandeireta galega
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Cando
Capela de Santa María, Lugo, do 3 de decembro de 2025 a 7 de xaneiro de 2026
Onde
Lugo
Lugar

Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
27004 Lugo

Comisariado
Luciano Pérez Díaz
Suso Vaamonde Polo
Coordinación
Luciano Pérez Díaz
Relator/a
Mercedes Autrán Romero
Xosé Maceda
Suso Vaamonde Polo
Presenta
Rosario Álvarez
Efrén Castro Caloto
Luciano Pérez Díaz
Organiza
Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega