Difusión - Teo. Xoves, 22 de xaneiro de 2026

Teo

Repertorio da prensa da emigración

Teo

Órgano oficial de la Federación Residentes de Teo en Sud-América

Xoves, 22 de xaneiro de 2026
consellodacultura.gal
Difusión
Repertorio da prensa da emigración

Teo

Órgano oficial de la Federación Residentes de Teo en Sud-América

consellodacultura.gal

Teo

Repertorio da prensa da emigración

O “Repertorio da prensa da emigración galega”, proxecto que mantén o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG), comeza este 2026 coa posta en rede dos exemplares que conserva do xornal TEO, órgano oficial de la Federación Residentes de Teo en Sud-América.
Neste mes de xaneiro o “Repertorio da prensa da emigración galega” incorpora 45 números do período comprendido entre 1911 e 1915, ano en que a cabeceira cambia de nome. Esta publicación societaria, dirixida por J. Rodríguez, era o voceiro oficial da Federación de Residentes de Teo en Sud-América. A entidade apoiaba dende Arxentina as iniciativas de loita polo progreso das sociedades agrarias da comarca de Teo e Vedra. A publicación informa da vida interna da entidade editora e do labor desenvolvido polas diferentes institucións que a patrocinan. Inclúe numerosas noticias, crónicas e comentarios da actualidade política e social da comarca, analiza a situación das diferentes parroquias, desde postulados agraristas, e denuncia as manipulacións caciquís e do clero. Tamén recolle acontecementos sociais (nacementos, vodas..) e colaboracións literarias. A partir de 1916 pasa a denominarse El Eco de Teo e xa nos anos 20 continúa publicándose coa cabeceira Unión de Teo y Vedra. Entre as súas páxinas, con escasas ilustracións e anuncios publicitarios, destacan firmas como Martínez Castro; Antonio Zozaya; Benito de Ventraces; Germán Dacobas; Hector Latino; Manuel Bouzón ou Manuel Cao Turnes, entre outros.

O “Repertorio da prensa da emigración galega”
En 1998, froito dun traballo de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra, nace o Repertorio da prensa da emigración galega, un proxecto que busca difundir o patrimonio documental producido pola comunidade galega do exterior e que, hoxe en día, mantén actualizado o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Nel, recompílase unha relación das publicacións galegas (boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, prensa política, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, publicacións institucionais etc.) editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega. Aínda que os números das diferentes cabeceiras se poden consultar directamente nas instalacións do AEG, cada mes dixitalízanse novos exemplares que se poñen á disposición dos usuarios e usuarias para seren consultados en liña no web institucional do CCG. Nas últimas entregas, que se publican o terceiro xoves de cada mes, subíronse 46 número novos de El El despertar Gallego e cinco números da segunda etapa do Consello de Galiza.
 
Difusión
Repertorio da prensa da emigración
Teo
Órgano oficial de la Federación Residentes de Teo en Sud-América
Data de publicación
Xoves, 22 de xaneiro de 2026
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)