Ciclo Pensarmos
Víctor Sampedro Blanco
O poder da mentira: como combater a pseudocracia
26 de marzo de 2026
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
O poder da mentira: como combater a pseudocracia
Víctor Sampedro Blanco dialoga con Marcos S. Pérez Pena
Víctor Sampedro
É catedrático de Comunicación Política (URJC), membro do Instituto Juan March de Estudios e Investigaciones e realizou un máster na Northwestern University. Desde hai tres décadas investiga: a democracia e a esfera pública, os medios e a acción colectiva, a comunicación política e electoral, e a pedagoxía e cidadanía mediática con crecente foco no dixital. Entre os seus libros destacan: Movimientos sociales, debates sin mordaza (CEC, 1997); Opinión pública y democracia deliberativa (Istmo, 2000); La pantalla de las identidades (Icaria, 2003); 13-M. Multitudes on line (La Catarata, 2005); El Cuarto Poder en Red. Por un periodismo (de código) libre (Icaria, 2014); Dietética Digital para adelgazar al Gran Hermano (2018); Comunicación política digital en España. Del «Pásalo» al 15M y de Podemos a Vox (UOC Press, 2021); Voces del 11-M (Planeta, 2024), e Teorías de la comunicación y el poder. Opinión pública y pseudocracia (Akal, 2023). A maioría da súa obra está dispoñible en www.victorsampedro.com
Marcos S. Pérez Pena
Nacido en Montevideo en 1980 e criado en Ferrolterra, é licenciado e doutor en Xornalismo pola USC. Analizou na súa tese de doutoramento o papel da prensa galega no proceso estatutario durante a Transición política, unha investigación que posteriormente publicou baixo o título A prensa en Galicia na Transición (Xerais, 2016), obra que obtivo no ano 2017 o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación. Así mesmo, é autor da fotobiografía Milladoiro. A Galicia de Maeloc (Galaxia, 2006) e coordinou o volume colectivo A praza é nosa. Quen constrúe a democracia? (2.0 Editora, 2012). Foi bolseiro na Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Como xornalista, tras ser redactor en Vieiros.com e outros medios, en 2012 formou parte do equipo que puxo en marcha o xornal dixital Praza Pública (praza.gal), do que foi director nos seus primeiros anos e no que na actualidade traballa como redactor.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.