Castelao visitou a Casa de Galicia de Montevideo en varias ocasións. A directiva desta entidade documentou exhaustivamente os numerosos actos nos que participou o ilustre político e artista en 1940 e 1945, e que tiñan que ver coa reivindicación da República e o artellamento do Consello de Galiza. Coas fotografías da visita confeccionouse un álbum que agora ofrecemos para a súa consulta.
Publicamos este álbum no aniversario do nacemento do xenial artista e creador, o 29 de xaneiro de 1886.