Alfonso Daniel Rodríguez Castelao visitou en varias ocacións a Casa de Galicia de Montevideo. A directiva do centro elaborou un coidado álbum que recorda as visitas de 1940 e 1945, identificando os diferentes momentos do encontro. O álbum que agora reproducimos é unha excelente testemuña gráfica da conexión entre os exiliados, coma o propio Castelao, Alonso Ríos ou Elpidio Villaverde, ou as comunidades galegas xa establecidas en América.