Xornada - A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral. 2 de febreiro de 2026 ás 18:00 horas

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

Xornada

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

2 de febreiro de 2026 ás 18:00 horas
Pontevedra
Xornada

A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral

2 de febreiro de 2026 ás 18:00 horas Pontevedra
Con motivo da inauguración da exposición "A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral", o 2 de febreiro de 2026, o Consello da Cultura Galega organiza ás 18:00 horas unha sesión de relatorios para reflexionar sobre este instrumento da man de destacados especialistas.

PROGRAMA

18:00 horas
Presentación no espazo expositivo da Deputación de Pontevedra
ROSARIO ÁLVAREZ, presidenta do Consello da Cultura Galega
LUCIANO PÉREZ DÍAZ e SUSO VAAMONDE MANTEIGA, comisarios da exposición.

Sesión de relatorios:

- O INSTRUMENTO HOXE impartido por SUSO VAAMONDE
MÉTODO E NOVAS TÉCNICAS DE INTERPRETACIÓN, USO E ENFOQUE DOS TOQUES TRADICIONAIS.
Amosaranse os primeiros estudos acústicos do instrumento que pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia e presentarase o método “Nova técnica de pandeireta galega”.

- A CEGA DE MIRANDA E A MUDANZA DOS ROLES: PANDEIRETEIROS NA VIDA DA MÍTICA CANTAREIRA impartido por RICARDO POLÍN
Presentarase o estudo “Dolores, A Cega de Miranda (na súa noite máis clara)”

- A PERCUSIÓN DE MAN NO REAL CORO TOXOS E FROLES DE FERROL
impartido por ARTURO LAMAS BRAÑA

20:00 horas
Inauguración da exposición

EXPOSICIÓN

Un aro de madeira, pel natural e algunhas ferreñas foron suficientes para conquistar un espazo no grande universo dos instrumentos musicais. A súa tipoloxía podémola rastrexar desde tempos inmemoriais en diferentes culturas. En Galicia, mantivo sempre a súa característica forma circular, e así aparece reflectida na obra dos principais artistas nas últimas décadas do século XIX e primeiros anos do XX, que buscan a aproximación á cultura popular a través da paisaxe, as persoas e os costumes. A pesar da súa sinxeleza, acadou altas cotas de popularidade como instrumento de acompañamento nas mans de recoñecidas cantareiras. Hoxe, seguido aquelas pegadas, son os homes os que a están elevando a un novo espazo dentro das súas actividades artísticas, reinterpretando e creando novas músicas.

En liña coa celebración da poesía popular oral no ano das Letras Galegas, propoñémonos achegarlle ao público o labor de mestres artesáns, músicos e estudosos do seu instrumento máis representativo, a pandeireta, unhas xornadas-exposición valiosas como recurso pedagóxico que fomentan e proxectan esta parte do patrimonio sonoro galego, contribuíndo, por outra parte, con documentos históricos e de nova creación aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia, para que, ao igual que se fixera coas gravacións de Dorothé Schubarth e Antón Santamarina, as poña á disposición da sociedade.

A pandeireta galega é un testemuño vivo da memoria cultural de Galicia, conservala significa respectar as raíces, os xestos e os sons que acompañaron xeracións. Con todo, a tradición só se mantén forte cando dialoga co presente. Innovar en materiais, técnicas e formas de interpretación non implica romper co herdado, senón darlle novas posibilidades de futuro. Neste equilibrio entre respecto polo ancestral e apertura ao contemporáneo reside a verdadeira riqueza.
LUGAR
Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra
Avda. Montero Ríos, s/n
36071 Pontevedra
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Xornada
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Cando
2 de febreiro de 2026 ás 18:00 horas
Onde
Pontevedra
Lugar

Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra
Avda. Montero Ríos, s/n
36071 Pontevedra

Comisariado
Luciano Pérez Díaz
Suso Vaamonde Manteiga
Relator/a
Arturo Lamas Braña
Ricardo Polín
Presenta
Rosario Álvarez Blanco