Roteiro - Observando a vida nos parques de Compostela. 7 de marzo de 2026 ás 10:00 horas

Observando a vida nos parques de Compostela

Roteiro

Observando a vida nos parques de Compostela

7 de marzo de 2026 ás 10:00 horas
Santiago de Compostela
Roteiro

Observando a vida nos parques de Compostela

7 de marzo de 2026 ás 10:00 horas Santiago de Compostela
Actividade de ciencia cidadá enmarcada no Día do Naturalismo Galego na que se levará a cabo unha análise espacial e observación etnográfica en parques de Santiago de Compostela para entender a historia e os tipos de parque, así como a relación entre a cidadanía actual e aqueles. As persoas participantes farán observacións en diferentes zonas verdes da cidade, elaborarán un caderno de campo con notas das súas indicacións e poderán gravar sons ou tirar fotografías (respectando a protección de dereitos persoais) co fin de acompañar as súas explicacións, xa que a actividade rematará cunha posta en común dos resultados. O coñecemento do patrimonio e do vínculo da sociedade con el é clave para favorecer a súa conservación.

A xornada está organizada pola Unidade de Cultura Científica CSIC Galicia e o Consello da Cultura Galega e conta co apoio do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT-CSIC). As persoas participantes estarán guiadas polo persoal técnico e investigador do INCIPIT e organizaranse en grupos para afondar na historia e particularidades de cada parque. Como resultado da actividade, parte da documentación e recursos obtidos estarán dispoñibles na plataforma “Roteiros da cultura” do Consello da Cultura Galega.

É unha oportunidade para comprender a evolución e os beneficios das zonas verdes na paisaxe urbana actual e os vínculos que, como lugares de encontro, promoven entre cidadáns e cidadás de diferentes grupos sociais.

A actividade está dirixida a persoas adultas e menores acompañados, enfocada a un público interxeracional e diverso, local ou foráneo, co obxectivo de poder comparar distintos enfoques segundo a idade, a nacionalidade etc.

Terá lugar o sábado 7 de marzo de 2026 entre as 10:00 h e as 14:00 h e o punto de encontro será a praza da Quintana.

Entrada de balde con inscrición previa no correo: ucc.galicia@csic.es
ASISTENCIA
Entrada de balde con previa inscrición no correo: ucc.galicia@csic.es
LUGAR
Praza da Quintana
Santiago de Compostela
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Ficha técnica 
Roteiro
Observando a vida nos parques de Compostela
Cando
7 de marzo de 2026 ás 10:00 horas
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Praza da Quintana
Santiago de Compostela