NOTICIA

----

Dúas publicación e un obradoiro no Día do Naturalismo Galego

O vindeiro luns, 9 de marzo, é o Día do Naturalismo Galego por coincidir no día do nacemento Martín Sarmiento, primeiro estudoso da natureza de Galicia. O Consello da Cultura Galega (CCG) celebra esta data coa presentación (luns, sede do CCG, 11:00 horas) de dous volumes de Sarmiento, a edición do Discurso crítico-botánico sobre el vegetable gallego seixedra e o Catálogo da biblioteca de Martín Sarmiento. Ademais, o CCG e a Delegación del CSIC en Galicia, a través da Unidade de Cultura Científica, e en colaboración con el INCIPIT-CSIC, organizan o obradoiro “Observando a vida nos parques de Compostela”. A actividade, prevista inicialmente para este sábado 7 de marzo, adíase para o 25 de abril por mor da previsión meteorolóxica.

A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o editor a responsable do proxecto Sarmiento, Henrique Monteagudo; máis Rafael Loureiro, transcritor do catálogo; a Mari Álvarez Lires, autora do estudo crítico sobre o pensamento botánico-químico de Sarmiento; explicarán na presentación as características, contexto e relevancia destas publicacións e os seus achados sobre o frade bieito e o naturalismo.

O obradoiro
O obradoiro “Observando a vida nos parques de Compostela” consiste nunha análise espacial e observación etnográfica en parques da cidade para entender a historia e os tipos de parque, así como a relación entre a cidadanía e eles. Dirixido a público interxeracional e diverso, consiste en facer observacións en diferentes zonas verdes da cidade para elaborar un caderno de campo con anotacións, sons ou fotografías que contará cunha posta en común dos resultados. Por mor da previsión meteorolóxica, a actividade queda finalmente para o sábado 25 de abril. A actividade é de balde pero precisa inscrición previa no correo ucc.galicia@csic.es.