Ciclo Pensarmos
Carlos Taibo: A guerra como elección
7 de maio de 2026
Santiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas
A guerra como elección
Carlos Taibo dialoga con Celia Pereira Porto
CARLOS TAIBO
Foi profesor de Ciencia Política na Universidad Autónoma de Madrid até 2018. É autor dunha vintena de libros relativos ás transicións na Europa central e oriental contemporánea, entre eles destacan, en español: La explosión soviética (2000), Rusia en la era de Putin (2006), Historia de la Unión Soviética, 1917-1991 (2010) e Rusia frente a Ucrania (2014). Tamén publicou sobre materias máis xerais: Cien preguntas sobre el nuevo desorden (2002), Rapiña global (2006), En defensa del decrecimiento (2009), Repensar la anarquía (2013), Colapso (2016), Decrecimiento. Una propuesta razonada (2021), Anarquismos. Ayer, hoy, mañana (2022) e Ecofascismo (2022). En galego e portugués publicou: O castelo de fogos (1991), Europa sen folgos (1994), A nova desorde internacional (1998), Un novo Terceiro Mundo? (1999), A desintegración de Iugoslávia (2000), Império norteamericano e capitalismo global (2003), Os movementos de resistencia fronte á globalización capitalista (2005), Fendas abertas. Seis ensaios sobre a cuestión nacional (2008), Decrescimento, crise, capitalismo (2010), Tempos chegados? Sobre o futuro político da Galiza (2015, coedición con Arturo de Nieves) e O feitiço das línguas (2022).
CELIA PEREIRA PORTO
Graduada en Dereito e doutora pola Universidade da Coruña, onde deu clase de Filosofía do Dereito até 2005. É avogada, académica correspondente da Real Academia Galega e coordinadora da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega. Na súa área de coñecemento reflexionou sobre o concepto do corpo para as mulleres, a discriminación de xénero na negociación colectiva e a obra de Concepción Arenal, entre outras temáticas. Participou como relatora nunha vintena de cursos, congresos e seminarios. É autora de diversos libros e artigos sobre a igualdade de xénero desde unha perspectiva iusfilosófica e editora da primeira tradución ao galego de O meu pecado mortal de Clara Campoamor. Destacan tamén as súas monografías A aportación de Concepción Arenal no marco do Estado liberal español e A discriminación de xénero na negociación colectiva. Vellas inercias e novos retos para a igualdade.A guerra como elección
Queremos falar da paz nun sentido profundo; non só como ausencia de guerra e violencia, senón como un contexto habitual onde a xente convive coas súas diferenzas con respecto e coa garantía dun benestar con independencia da orixe, cor da pel, relixión, sexo/xénero, orientación sexual, idade… Porén, os centros de poder actual —políticos, económicos, tecnolóxicos, ideolóxicos e militares— deciden que haxa guerra e iso obríganos a reflexionar ao redor dos múltiples conflitos bélicos que existen no mundo: Irán, Palestina, Siria, O Iemen, O Sudán, Ucraína, Venezuela…
Analizaremos as causas que orixinan eses crimes contra a humanidade, cando se mata a poboación civil e se destrúe o patrimonio e a natureza, así como o triste papel do Dereito Internacional, coa vista nun futuro que depende en gran medida das nosas decisións como cidadanía que vota, consome, se manifesta e se expresa, e que pode berrar de novo: NON Á GUERRA!
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.