Para o noso documental Memoria do teatro galego realizamos en 2023 unha delongada entrevista, da man de @vanesasotelo_ e Tito Asorey, ao dramaturgo e actor Manuel Lourenzo (1943-2025). Nese documental, protagonizado por numerosas voces do colectivo teatral, só incluiramos unha pequena parte das declaracións de Lourenzo. Pero a memoria e a palabra de Manuel Lourenzo daba para moito máis. Aproveitamos que nestes últimos días de maio de hai cincuenta e tres anos, Manuel Lourenzo xunto coa Agrupación O Galo estarían participando na Mostra do Teatro Galego de Ribadavia. Naquel 1973 Lourenzo dirixiu alí As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, de Carlos Casares, contribuíndo ao nacemento do teatro galego moderno. Agora queda aquí esta delongada conversa na que Lourenza repasa eses inicios e unha traxectoria marcada polo amor ao teatro e á cultura galega.