Exposición
A pandeireta galega. Actualización dun instrumento ancestral
Do 3 ao 30 de xullo de 2026 - Casa da Cultura da Serra de Outes
Serra de Outes
18.30 horas
Presentación na Casa da Cultura do Concello da Serra de Outes
A cargo de ALEJO AMOEDO, vicepresidente do Consello da Cultura Galega; FRANCISCO CALO ABELLEIRA, alcalde do Concello da Serra de Outes, e SUSO VAAMONDE MANTEIGA, comisario da exposición.
19.00 horas
Sesión de relatorios
» A TRANSMISIÓN DOS COÑECEMENTOS impartido por XOSÉ MACEDA.
ARQUETIPOS E TÉCNICAS CONSTRUTIVAS.
» A TRANSMISIÓN DOS COÑECEMENTOS impartido por MERCEDES AUTRÁN ROMERO. O CASO DAS PANDEIRETEIRAS DE ROIS.
A ilusión inculcada a unhas nenas hai corenta anos por unhas avoas cantareiras e unha mestra implicada.
Gravacións orixinais doadas aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia.
» O INSTRUMENTO HOXE impartido por SUSO VAAMONDE.
MÉTODO E NOVAS TÉCNICAS DE INTERPRETACIÓN, USO E ENFOQUE DOS TOQUES TRADICIONAIS .
Amosaranse os primeiros estudos acústicos do instrumento, que pasarán a formar parte dos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia e presentarase o método “Nova técnica de pandeireta
galega”.
20.30 horas
Inauguración da exposición
LUGAR
Casa da Cultura da Serra de Outes
Av. San Campio, 1
15230 Serra de Outes
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal