Especial - Otero Pedrayo, unha conversa contigo. Bot conversacional para explorar a súa vida e obra. Xoves, 2 de xullo de 2026

Otero Pedrayo, unha conversa contigo. Bot conversacional para explorar a súa vida e obra

Especial

Otero Pedrayo, unha conversa contigo. Bot conversacional para explorar a súa vida e obra

Xoves, 2 de xullo de 2026
consellodacultura.gal
Especial

Otero Pedrayo, unha conversa contigo. Bot conversacional para explorar a súa vida e obra

consellodacultura.gal

Accede ao bot

Un chatbot conversa en primeira persoa como Ramón Otero Pedrayo a partir de máis de tres millóns de palabras da súa obra
O Consello da Cultura Galega presenta un asistente de intelixencia artificial que recupera e verbaliza o pensamento do escritor ourensán apoiándose exclusivamente nos seus textos, na súa correspondencia e nos estudos que se lle dedicaron
O Consello da Cultura Galega (CCG) pon en marcha, no marco do Ano Oteriano 2026, un chatbot conversacional que permite dialogar con Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888 – 1976) como se o propio autor respondese. A ferramenta non «inventa» a Otero: constrúe cada resposta a partir dun corpus documental verificado —a súa obra ensaística e narrativa, os seus epistolarios, as súas guías de viaxe e a bibliografía crítica— mediante unha arquitectura de recuperación aumentada (ARA) que ancora a fala do bot en pasaxes reais e trazables.
 
Especial
Otero Pedrayo, unha conversa contigo. Bot conversacional para explorar a súa vida e obra
Data de publicación
Xoves, 2 de xullo de 2026
Onde
consellodacultura.gal