Arquivo da Emigración GalegaEn 1998, froito dun traballo de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra, nace o Repertorio da prensa da emigración galega, un proxecto que busca difundir o patrimonio documental producido pola comunidade galega do exterior e que, hoxe en día, mantén actualizado o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Nel recompílase unha relación das publicacións galegas (boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, prensa política, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, publicacións institucionais etc.) editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega. Aínda que os números das diferentes cabeceiras se poden consultar directamente nas instalacións do AEG, cada mes dixitalízanse novos exemplares que se poñen á disposición dos usuarios e usuarias para seren consultados en liña no web institucional do CCG.
O Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG) vén de subir á rede, no marco do proxecto “Repertorio da prensa da emigración galega”, doce exemplares de Rosalía, revista mensual. Trátase do primeiro ano de vida da publicación editada pola delegación de Santiago de Cuba do Centro Galego de Cuba.
Nesta entrega súbese unha cabeceira que comezou a publicarse en Santiago de Cuba, en febreiro de 1937, como voceiro da Delegación do Centro Gallego da Habana na capital do oriente cubano. Era unha revista ilustrada e aínda que o galego ten moita presenza, estaba escrita maioritariamente en castelán. O título rende homenaxe a Rosalía de Castro Revista posto que saíu á luz con motivo da celebración do centenario do seu nacemento. A escritora e outros referentes da cultura galega como Curros Enríquez ou Murguía teñen presenza constante nas súas páxinas.
Como moitas publicacións xurdidas ao abeiro da actividade das sociedades de emigrantes, daba conta da vida social e institucional da colonia galega de Santiago de Cuba, principalmente das actividades do Sanatorio e da Casa de Salud da Delegación. Función que alternaba co entretemento ao publicar contidos culturais e de divulgación. Cada número combinaba as crónicas sociais e o noticiario da colectividade con artigos de divulgación médica e hixiénica asinados polo corpo facultativo do Sanatorio, semblanzas de asociados, traducións de autores europeos (Turguénev, Averchenko, Mirbeau) e colaboracións literarias, e inseria ademais publicidade comercial dos establecementos da cidade. Ademais dos exemplares, inclúese tamén un índice documentado do primeiro ano de vida da publicación. Consiste nun estudo dos doce números mensuais, de febreiro de 1937 a xaneiro de 1938, que inclúe a relación de autores, temáticas e tipo de artigos publicados.
O “Repertorio da prensa da emigración galega”
En 1998, froito dun traballo de investigación dirixido por Vicente Peña Saavedra, nace o “Repertorio da prensa da emigración galega”, un proxecto que busca difundir o patrimonio documental producido pola comunidade galega do exterior e que, hoxe en día, mantén actualizado o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega. Nel, recompílase unha relación das publicacións galegas (boletíns, xornais de información xeral, revistas culturais, prensa política, revistas e voceiros internos das asociacións de emigrantes, publicacións institucionais etc.) editadas tanto polas asociacións de emigrantes como por persoeiros destacados da colectividade galega. Aínda que os números das diferentes cabeceiras se poden consultar directamente nas instalacións do AEG, cada mes dixitalízanse novos exemplares que se poñen á disposición dos usuarios e usuarias para seren consultados en liña no web institucional do CCG. Nas últimas entregas, que se publican o terceiro xoves de cada mes, subíronse exemplares de Vida Gallega editada na Habana, 46 números novos de El El despertar Gallego, cinco números da segunda etapa do Consello de Galiza e o xornal TEO; ou 155 números da publicación semanal, Galicia, editada pola Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina