Xornada
Vicente Risco: Da construción histórica ao territorio do futuro
26 de setembro de 2026
Allariz
09:30 horas
Presentación da xornada
Representantes do Concello de Allariz, Consello da Cultura Galega e Fundación Vicente Risco
10:00 horas
1_ O (TERRITORIO) IMAXINADO
Os espazos xeográficos que se constrúen, se inventan ou reinventan a través da ollada creativa. A carga emocional, simbólica e cultural que lles asignamos.
Acolle: Padroado Fundación Vicente Risco
• O território e a paisagem nos escritores do Douro
Isabel Maria Fernandes Alves, doutora en Literatura Americana e profesora adxunta de Estudos Angloamericanos na Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD)
• A paisaxe intervida
Xurxo Lobato, fotógrafo e académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes
• Ingleses no Douro de antanho ou a insignificância do tempo cronológico na experiência existencial na região do Douro vinhateiro
Elisa Gomes da Torre, doutora en Literatura Portuguesa Medieval e profesora auxiliar do Departamento de Letras Artes e Comunicação da UTAD
• O imaxinario da paisaxe
Jose M. Eguileta, doutor arqueólogo e académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes
11:30 horas
Pausa
12:00 horas
2_ O (TERRITORIO) INVESTIGADO
O territorio non é só un mapa, unha extensión de terra ou un escenario pasivo onde transcorre a acción humana; é a expresión física da xeoloxía, do clima etc., pero sobre todo da cultura e da historia. A investigación permítenos entender o hábitat e a configuración da nosa identidade.
Acolle: Jose M. Eguileta
• A marca do territorio
Aurelia Balseiro García, museóloga e directora do Museo Provincial de Lugo
• O país percorrido: Vicente Risco, paisaxe e territorio
Augusto Pérez Alberti, doutor en Xeografía e en Recursos Naturais e Medio Ambiente, catedrático da USC e Premio Trasalba 2002
• Vexetación e lume en Galicia
Vicente Gracia, médico neuropsiquiatra, docente e naturalista
13:30 horas
Pausa
16:00 horas
3_ O FINITO OU (O QUE PODE DESAPARAECER): A TERRA TEN LÍMITES
Sobre o urxente debate arredor da natureza finita dos recursos, o cambio climático e a necesidade de establecer un modelo de xestión que recoñeza os límites ecolóxicos do planeta; e o concepto de territorio como ben común, conectando co pensamento de Vicente Risco, proponse unha reflexión en como a humanidade debe redefinir a súa relación co planeta.
Acolle: Colectivo reversAs
• Rompendo o relato
Teresa Táboas Veleiro, doutora arquitecta e secretaria xeral da Unión Internacional de Arquitectos
• Flotando en litio
Marina Otero Verzier, doutora arquitecta, investigadora e académica galega. Profesora adxunta visitante na Graduate School of Architecture, Planning and Preservation (GSAPP) da Columbia University (Nova York)
• Defender e recuperar o eco-sistema agrario tradicional como modelo para devolver a vida ás aldeas
Manuel García, labrego e ecoloxista, fundador do MEL (Movemento Ecoloxista da Limia)
• Beneficio inmediato para uns poucos ou futuro habitable e sostible para todos e todas?
Isabel García Vila, asociación ambiental e cultural Plataforma Mina Touro O Pino NON
17:30 horas
4_ XEOGRAFÍAS PROGRAMADAS
O mapa que hoxe pisamos é unha construción social, política e económica. O século XX en Galicia e no resto do Estado non só transformou a sociedade, senón que recreou e 'inventou' novas xeografías, moitas veces a golpe de decreto, de enxeñaría e de utopía industrial ou agrícola.
Acolle: Elvira Carregado
• A zona de colonización da Terra Chá: a política agraria nacional desembarca no agro galego
Jose María Cardesín Díaz, doutor en Historia e catedrático de Universidade no Departamento de Socioloxía e Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña
• De la huella al viaje: una estrategia para la activación socioeconómica de los pueblos de colonización de Extremadura
Mari Ángel López Amado, arquitecta e directora do Observatorio 2030 do Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España (CSCAE)
• A lagoa de Antela. A mutación da paisaxe agraria tradicional en Galicia
Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural
19:00 horas
Pausa
19:15 horas
5_ (SEMENTES PARA MAÑÁ) AGRO-MANDO FUTURO
Fronte ao despoboamento e o modelo extractivo, alternativas pioneiras, reais, replicables e sostibles de resistencia e innovación no rural.
Acolle: Francisco Pedras, presidente de A Monte
• A visión sistémica para a dinamización territorial
Fran García Fernández, técnico de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega
• Facer lugar. Arte, comunidade e futuros posibles dende A Casa Vella
Rubén Vilanova, fotógrafo, videógrafo e xestor cultural. A Casa Vella de Amiadoso
• Biotecnoloxía aplicada e recuperación do agro
Lara García, graduada en Enxeñaría Agrícola e Enxeñaría Forestal, directora técnica de Sementares
• Accións de recuperación fronte ao lume, plan estratéxico do monte comunal e estratexias de prevención en chairas e lucenza
Francisco Javier Silva Fontán, Desenvolvemento Forestal de FINSA, Veta
• Dixitalización, rehabilitación e redes
María Rodríguez, directora xeral da Fundación Repoblación
20:45 horas
Conclusións e peche da xornada
LUGAR
Fundación Vicente Risco
Rúa San Lourenzo, 3
32660 Allariz, Ourense
MAÍS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (20 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.