Eu non escribín iso, pero encantaríame telo escrito
8º Ciclo de Cinema Galego-Portugués
Vigo, 26 de setembro de 2026Vigo
Inscrición para o Obradoiro (15 persoas).
11:00 horas
Obradoiro Eu non escribín iso, pero encantaríame telo escrito Xiana do Teixeiro (directora do filme Crías)
Obradoiro sobre escritura íntima, actividade participativa arredor da investigación-filme Crías. O taller parte do visionado do filme Crías. Recoméndase asistir á sesión da proxección o día anterior, venres 25 de setembro. Teremos materiais no espazo para suplir o visionado ou revisar en grupo.
A través de exercicios de introspección e lectura compartidas, traballarase sobre escritura íntima propia e allea. Poñeremos o foco en descubrir o que pode haber de colectivo na escritura privada, o potencial político das prácticas e discursos íntimos, e a súa relación co xénero. O obradoiro servirá tamén para achegar o formato do diario ás persoas participantes e practicar competencias de lectura, escritura, discusión e escoita grupal, así como o exercicio de escritura colectiva dun breve texto que recollerá a experiencia do taller e conectará con outros espazos onde tamén se traballe con este filme-investigación.
Formato:
- Duración: 3 horas
- Capacidade: máximo 15 persoas
- Idade recomendada: a partir de 12 anos