Especial - Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Oleiros. Xoves, 24 de setembro de 2026

Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Oleiros

Memoria documental das sociedades da emigración galega

Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Oleiros

Bos Aires, 1918

Xoves, 24 de setembro de 2026
consellodacultura.gal
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega

Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Oleiros

Bos Aires, 1918

consellodacultura.gal
Esta asociación recreativa e de socorros mutuos foi creada o 1 de setembro de 1918 por un grupo de naturais do concello de Oleiros residentes na Arxentina. Entre os seus fundadores figuran Ramón Suárez, Antonio Portela, Juan Portela, José M. Souto, M. Sánchez, Francisco López, Joaquín Suárez, Jesús Suárez, Manuel Cajigal, José Portela, Francisco González, José Doldán, José Ares, José Breigo, Manuel Pita, Alejandro Ramón, Melchor Salinas, José Portos, Francisco Blanco, Juan Vázquez, Manuel Vázquez, Manuel Fuentes e José Fernández.
A entidade naceu cos seguintes propósitos: protexer e repatriar os asociados en caso de necesidade; fomentar o ensino no municipio de Oleiros mediante a creación de escolas; cultivar e difundir o espírito asociativo entre os conveciños residentes naquel país e manter unha relación estreita coas sociedades homólogas existentes en ambas as beiras do Atlántico.



Hoxe en día, baixo a denominación de ASOCIACIÓN DE OLEIROS MUTUAL, CULTURAL Y RECREATIVA, a entidade mantén unha traxectoria continuada de 108 anos de existencia ao servizo dos seus socios e socias. Na súa sede emblemática, sita no casco histórico de San Telmo (na rúa Piedras 848), celébranse diversas festividades como a de Santa María de Oleiros, o Fin de Ano ou o Día de Galicia; ensaian os membros do grupo tradicional de baile e organízanse actividades culturais abertas á comunidade residente no barrio. Do mesmo xeito, esta sociedade de emigrantes oleirenses segue a ofrecer un servizo de apoio mutuo aos seus socios e socias para atender as súas necesidades de atención integral.
 
Especial
Memoria documental das sociedades da emigración galega
Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Oleiros
Bos Aires, 1918
Data de publicación
Xoves, 24 de setembro de 2026
Onde
consellodacultura.gal
Autoría
Arquivo da Emigración Galega (CCG)
Arquivo da Emigración Galega (CCG)