Construír museo. A investigación como núcleo da institución
10 de novembro de 2026Santiago de Compostela
Os museos non constitúen unicamente espazos de conservación e exhibición do patrimonio, son institucións activas na xeración, xestión e transmisión do coñecemento. Nun contexto marcado pola transformación dos modos de acceso á información, a diversificación dos públicos e a crecente complexidade das prácticas culturais, as súas funcións amplíanse e reconfigúranse para asumir un papel central como ámbitos de reflexión, mediación e construción do discurso cultural.
Neste marco, a investigación establécese como un eixe estrutural da actividade dos museos, ao permitir non só afondar no estudo e na documentación das coleccións, senón tamén actualizar de maneira continua o coñecemento asociado a elas, garantindo a súa adecuada conservación e favorecendo a súa reinterpretación desde perspectivas diversas e en constante evolución. A actividade investigadora desenvolvida nos museos mantén, ademais, unha estreita relación coa investigación académica, ao compartir metodoloxías, obxectivos e procesos de xeración de coñecemento, ao tempo que incorpora dimensións propias vinculadas á xestión do patrimonio, á mediación cultural e á relación cos públicos.
A investigación constitúe, así, un dos piares que sustentan a lexitimidade do museo como espazo de coñecemento, pensamento crítico e creación cultural, reforzando ao mesmo tempo a súa dimensión social, educativa e patrimonial. A súa relevancia resulta especialmente significativa nun escenario en que as institucións museísticas deben equilibrar a crecente centralidade da experiencia expositiva e das dinámicas de consumo cultural coa consolidación do labor investigador como fundamento da súa misión. É precisamente este labor o que garante a calidade, a coherencia e o rigor dos discursos museográficos, das narrativas expositivas e das programacións públicas, consolidando o museo como un axente esencial na produción, transferencia e difusión do coñecemento.
Esta xornada propón reflexionar sobre o papel da investigación no ámbito museístico contemporáneo, desde o estudo das coleccións ata a construción das narrativas expositivas e dos relatos culturais, reivindicándoa como o principio vertebrador da institución museística e como un factor decisivo para o seu fortalecemento, a innovación e a capacidade de responder aos desafíos culturais e sociais do presente e do futuro.
O encontro reunirá profesionais de museos galegos e do conxunto do Estado co propósito de compartir proxectos, experiencias e retos comúns, para favorecer o intercambio de coñecementos, a difusión de boas prácticas e o fortalecemento das redes de colaboración entre institucións. Este diálogo contribuirá a impulsar a innovación, consolidar a cooperación e reafirmar a investigación como núcleo da práctica museística e elemento estratéxico para garantir a relevancia social, a capacidade de adaptación e a sustentabilidade futura dos museos.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Xornada
Construír museo. A investigación como núcleo da institución
10 de novembro de 2026Santiago de Compostela
Sesión da mañá
09:30 horas
Presentación Dolores Vilavedra Fernández, presidenta do Consello da Cultura Galega Ramón Yzquierdo Peiró, director do Museo da Catedral de Santiago de Compostela e presidente do Consello Galego de Museos M.ª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
10:00 horas Artistas filipinos en España. Un proxecto de investigación no Museo Nacional del Prado Javier Barón Thaidigsmann, xefe de Coleccións de Pintura do Século XIX do Museo Nacional del Prado
10:45 horas
Entrevista con María López-Fanjul y Díez del Corral, directora do Museo de Bellas Artes de Asturias
Entrevista: Agar Ledo, Museo de Pontevedra
11:30 horas
Pausa
12:00 horas Trinidad Nogales Basarrate, directora do Museo Nacional de Arte Romano de Mérida
12:50 horas
ColoquioSesión da tarde
16:30 horas Isabel Rey Fraile, departamento de Coleccións do Museo Nacional de Ciencias Naturales e secretaria do Consello Executivo de ICOM España
17:15 horas Mesa de debate: A investigación nos museos galegos
Modera: César Llana, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Participan:
- Ramón Yzquierdo Peiró, director do Museo da Catedral de Santiago de Compostela
- Fátima Braña Rei, padroa do Museo do Pobo Galego
- Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo
- Manuel Mosquera Cobián, director do Museo de Belas Artes da Coruña
- Diego Torres Iglesias, director do Museo do Castro de Viladonga
- M.ª Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra
19:30 horas
Peche da xornada
Imaxe da portada: Área de Restauración do Museo de Pontevedra
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Xornada
Construír museo. A investigación como núcleo da institución
10 de novembro de 2026Santiago de Compostela
Solicita a túa inscrición
Construír museo. A investigación como núcleo da institución