Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…Posverdade, fascismos dixitais, tecnopersoas, precarización da vida, perda de liberdades, deterioración medioambiental, poshumanismo…. Enchemos de novos termos os andeis do noso pensamento. Asistimos a unha proliferación de palabras e conceptos para enfrontarnos a unha época convulsa.
A economía do efémero demándanos respostas rápidas e simples ante problemas complexos. Pensar sen présas ou debater ideas e visións diversas do mundo ficaron convertidas en actividades de luxo ou en ideas románticas doutros tempos. Agora todo semella moverse na inmediatez das redes.
Porén, o pensamento necesita tempos de encontro, de compartir devagar perspectivas e dúbidas. Propoñémosvos neste ciclo de charlas, debates e intercambio de ideas un tempo compartido para a reflexión, para abordar os problemas da actualidade, para facer redes de conexións e contribuír a que sexamos un pouco máis libres. O vello dictum ilustrado, sapere aude, hoxe deveu máis necesario que nunca. “Atrévete a pensar” é un exercicio a contracorrente, unha pequena revolución cotiá.
Quedades convidadas e convidados a un espazo compartido de reflexión e análise crítica do mundo que nos tocou vivir. Se pensar vos presta, agardámosvos cunha única condición, a predisposición a gozar das palabras compartidas. Iniciado en 2019, o ciclo Pensarmos continúa no ano 2021 cada cuarto xoves de mes para ofrecernos a oportunidade de encontrarnos con nomes relevantes no pensamento actual que establecerán un diálogo tanto con integrantes da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega como co público asistente sobre temas tan vixentes como feminismo, fascismos, verdade, intimidade, investigación, precariedade ou humanismo.
Pensarmos
César Rendueles: O triunfo da Antiilustración
26 de novembro de 2026 - 18:00 horas Santiago de Compostela
26 de novembro de 2026 - 18:00 horasSantiago de Compostela
No ano 2019, antes da pandemia da covid, cando o mundo era outro, comezamos na Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega cunha actividade denominada “Pensarmos”, que na actualidade nos comprace percibir que está consolidada. Gozamos do privilexio de dedicar dúas horas de certos xoves, de 18.00 h a 20.00 h, a pensar de forma colectiva con persoas convidadas que teñen moito que achegarnos para reflexionar sobre cuestións que consideramos importantes do acontecer que nos rodea nestes tempos: democracia, igualdade, liberdade, dereitos, verdade, mentira, coidados, territorio, educación… Estes e moitos outros asuntos foron e serán obxecto de debate, crítica e reflexión nas diferentes sesións do ciclo “Pensarmos”.
O que pretendemos é que sexa un espazo aberto onde encontrármonos as xentes máis heteroxéneas para pensar conxuntamente, como un punto de partida, coas persoas referentes no seu ámbito que convidamos a pensar con nós. O formato dialogado, con quen se encarga de guialo en cada sesión e co público, é deliberado porque a pretensión que nos move é aprender e reflexionar desde as perspectivas máis diversas, sumando ideas, propostas e enfoques, e non dar nada por rematado senón contribuír a ter máis elementos para pensar e tratar de ser un exemplo de praxe de pensamento colectivo. As distintas sesións grávanse e poden verse a posteriori, o que contribúe a formar un elenco de posíbeis ferramentas pedagóxicas, ademais de ser unha adega onde as ideas poden ir conformando unha boa reserva á que volver no futuro.
Pensar, preguntar, propoñer, reflexionar, criticar, dubidar… Estes continuarán a ser os ingredientes das distintas sesións do ciclo “Pensarmos” que iremos programando este ano e nas que vos animamos a participar para que medren e se enriquezan.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
26 de novembro de 2026 - 18:00 horasSantiago de Compostela
18:00 horas
Presentación
18:15 horas O triunfo da Antiilustración César Rendueles dialoga con Rebeca Baceiredo
César Rendueles
(Girona, 1975) é científico titular no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Foi profesor de Socioloxía na Universidad Complutense de Madrid. Entre os seus ensaios, publicados nunha ducia de países, destacan: Sociofobia (2013), Capitalismo canalla (2016), Contra la igualdad de oportunidades: un panfleto igualitarista (2021), Comuntopía (2024) e Redes vacías (2026). Escribe habitualmente en El País en outros medios de comunicación.
Rebeca Baceiredo
É licenciada en Ciencias da Comunicación e doutora en Filosofía (Premio Extraordinario). En 2006 gañou o Premio Ramón Piñeiro co libro O suxeito posmoderno. En 2015 recibiu o premio da AELG na categoría de ensaio por A revolución non vai ser televisada. Ademais, publicou Capitalismo e fascismo; Oiko-nomía do xénero; Como não ser, tranquilamente, human@s e Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura, entre outros.
LUGAR Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MAÍS INFORMACIÓN www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
ASISTENCIA A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.