Foro - INTERVIR NO PATRIMONIO EDIFICADO, INCORPORAR O PASADO AO FUTURO. 9 de novembro de 2026

INTERVIR NO PATRIMONIO EDIFICADO, INCORPORAR O PASADO AO FUTURO

Foro de debate: Intervir no patrimonio edificado, incorporar o pasado ao futuro Foro

INTERVIR NO PATRIMONIO EDIFICADO, INCORPORAR O PASADO AO FUTURO

Criterios e metodoloxías de intervención sobre o patrimonio edificado de Galicia. Conservar, restaurar, rehabilitar

9 de novembro de 2026
Santiago de Compostela
Foro
Foro de debate: Intervir no patrimonio edificado, incorporar o pasado ao futuro

INTERVIR NO PATRIMONIO EDIFICADO, INCORPORAR O PASADO AO FUTURO

Criterios e metodoloxías de intervención sobre o patrimonio edificado de Galicia. Conservar, restaurar, rehabilitar

9 de novembro de 2026 Santiago de Compostela
O patrimonio edificado constituído polos inmobles aos que se lles recoñece valor cultural —que a Lei de patrimonio cultural de Galicia denomina patrimonio arquitectónico— require actuacións dirixidas á súa conservación e a manter a súa integridade e autenticidade, pero tamén é obxecto de intervencións de restauración e rehabilitación orientadas á súa recuperación ou a adaptacións que permitan manter o uso preexistente ou incorporar novos usos, como medio para facer viable a súa continuidade no tempo.

O foro «Intervir no patrimonio edificado. Incorporar o pasado ao futuro» trata precisamente desa continuidade e de como facela posible: como intervir, quen intervén, e quen e como decide que conservar, suprimir, engadir ou modificar.
A intervención no patrimonio edificado suscita cuestións complexas que afectan tanto aos criterios de actuación como aos métodos de traballo e aos marcos normativos que os regulan.

En primeiro lugar, a conservación e a restauración responden a obxectivos e metodoloxías diferentes, aínda que complementarias. Mentres a conservación busca preservar os valores do ben e evitar a súa perda ou deterioración, a restauración ten como finalidade favorecer a súa comprensión, mantendo, na medida do posible, a integridade dos seus valores estéticos e históricos. Neste ámbito xorden cuestións como os límites da intervención, a reversibilidade das actuacións, a lexitimidade das supresións ou a relación entre unha restauración discreta, centrada na preservación da integridade do ben, e outra máis activa, na que adquiren maior protagonismo o xesto arquitectónico e as necesidades de uso.

En segundo lugar, a adaptación do edificio para manter ou incorporar usos require, en moitos casos, ir máis alá da conservación estrita e da restauración. A rehabilitación implica responder a novas esixencias funcionais, técnicas e de habitabilidade, o que obriga a procurar un equilibrio entre a preservación dos elementos que garanten a autenticidade do ben e a transformación daqueles que precisan adaptarse ás novas necesidades. Trátase, en definitiva, de compatibilizar a conservación dos valores patrimoniais coa continuidade do edificio como espazo útil e habitado.

En terceiro lugar, a complexidade destas intervencións fai imprescindible un coñecemento pluridisciplinario. Porén, a colaboración entre as distintas disciplinas non pode limitarse a delimitar as competencias de cada profesional, senón que debe traducirse nunha práctica coordinada e consensuada, capaz de integrar os distintos saberes ao longo de todo o proceso, desde a análise inicial ata a execución e avaliación das actuacións.

Finalmente, a regulación legal destas intervencións, formulada necesariamente con vocación de xeneralidade, debe permitir a consideración das particularidades de cada caso. Para iso, recorre a conceptos xurídicos indeterminados que precisan ser concretados polos responsables da súa aplicación e que lles outorgan unha marxe significativa de discrecionalidade. Esta circunstancia fai especialmente relevante a reflexión sobre a interpretación das normas, os criterios que orientan as decisións e a responsabilidade de quen as aplica.

Os criterios de intervención, a integración harmónica de diversas áreas de coñecemento e a aplicación das normas constitúen os tres eixes temáticos arredor dos que se organizan as xornadas deste foro.

PRIMEIRA XORNADA · 9 de novembro
Criterios e metodoloxías de intervención sobre o patrimonio edificado de Galicia. Conservar, restaurar, rehabilitar

SEGUNDA XORNADA · 16 de novembro
Proxectar e executar intervencións sobre o patrimonio edificado de Galicia. Da multidisciplinariedade á transdisciplinariedade

TERCEIRA XORNADA · 23 de novembro
A regulación das intervencións sobre o patrimonio edificado de Galicia. Entre as regras legais e a aplicación

Cada xornada estrutúrase seguindo o mesmo formato, unha conferencia, para a que contaremos coa participación de tres persoas de recoñecida traxectoria nos ámbitos temáticos abordados; unha mesa temática con convidados e convidadas procedentes de diferentes institucións, entidades e colectivos, e unha mesa de debate con representantes de organismos, institucións, programas formativos ou entidades vinculadas á temática da xornada.
ASISTENCIA
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
LUGAR
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

Imaxe da portada: Rebeca Blanco-Rotea, estudos arqueolóxicos para a elaboración do proxecto de restauración da fachada de Praterías (maio, 2020). Traballos encargados polo IPCE.
Ficha técnica 
Foro
Foro de debate: Intervir no patrimonio edificado, incorporar o pasado ao futuro
INTERVIR NO PATRIMONIO EDIFICADO, INCORPORAR O PASADO AO FUTURO
Criterios e metodoloxías de intervención sobre o patrimonio edificado de Galicia. Conservar, restaurar, rehabilitar
Cando
9 de novembro de 2026
Onde
Santiago de Compostela
Lugar

Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
Praza do Obradoiro, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel.: 981 957 202

Coordinación
Carlos A. Amoedo Souto
Rosa Benavides García
Rebeca Blanco Rotea
Teresa Nieto Freire
Organiza
Consello da Cultura Galega
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

Imaxe da portada: Rebeca Blanco-Rotea, estudos arqueolóxicos para a elaboración do proxecto de restauración da fachada de Praterías (maio, 2020). Traballos encargados polo IPCE.