Xornada - Xornadas sobre Inmigración. 13 e 14 de novembro de 2026

Xornadas sobre Inmigración

Xornada

Xornadas sobre Inmigración

13 e 14 de novembro de 2026
Vilalba
Xornada

Xornadas sobre Inmigración

13 e 14 de novembro de 2026 Vilalba
O Consello da Cultura Galega e o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organizan as "Xornadas sobre Inmigración", que se realizarán os días 13 e 14 de novembro de 2026 na Casa da Cultura de Vilalba.

O programa das xornadas comeza o venres 13 ás 17:30 horas coa inauguración a cargo de Marisa Barreiro e Marta Rouco, e seguirá coa inauguración e presentación das exposicións "As cores do respecto” de Le Magic Mayimba (Pablo del Valle) e "Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí" cedida polo Consello da Cultura Galega. De seguido, unha sesión de relatorios na que participarán Ana María Pernas Vázquez (socióloga), Eduardo J. Basanta Montenegro (inspector de Educación) e Luzia Oca González (doutora en Antropoloxía pola USC).

O sábado 14 desde as 11:00 horas o programa prosegue co relatorio de Noura El Amrani Sbai (mediadora intercultural no Concello de Arteixo), a intervención musical de Pablo del Valle e pechará o relatorio de Ana María Pernas Vázquez (socióloga), acompañada na mesa por Soudadou Mohamed Fadel (membro da Comunidade Saharaui en Galicia e profesora de ELE).

Despois da clausura das xornadas terá lugar a ofrenda floral no monolito conmemorativo da constitución das Irmandades da Fala en Vilalba.
ASISTENCIA
Entrada gratuíta.
LUGAR
Casa da Cultura de Vilalba
Plaza Suso Gayoso, 1
27800 Vilalba, Lugo
MÁIS INFORMACIÓN
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal
Programa
Ficha técnica 
Xornada
Xornadas sobre Inmigración
Cando
13 e 14 de novembro de 2026
Onde
Vilalba
Lugar

Casa da Cultura de Vilalba
Plaza Suso Gayoso, 1
27800 Vilalba, Lugo