Isidro B. Maiztegui (1905-1996)
Estudou no Conservatorio Beethoven de súa cidade natal (1911). En 1927, pasou á Facultad de Derecho y Ciencias Sociales de Bos Aires, pero abandonou esta carreira e ingresou no Conservatorio Nacional de Música (1930). Paralelamente cumpriu tarefas de mestre substituto do Teatro Colón (1931-1938). A partir de 1933, dedicouse á composición de música para películas, onde deixou unha das súas maiores achegas. Tamén acadou unha gran relevancia noutros xéneros. Por exemplo, pola súa cantata escénica Macías o namorado [o Macías el enamorado] obtivo o Premio da Comisión de Cultura (1988). Entre 1936 e 1939, foi membro da Asociación Argentina de Compositores e da Comisión de Folklore y Discoteca Anexa do Ministerio de Justicia e Instrucción Pública. Exerceu a docencia no Colexio Nacional Bernardino Rivadavia de Bos Aires e no Conservatorio da Universidade de Cuyo, onde ademais foi vicedirector (1940-1944).Como director estivo á fronte do coro da Asociación Juan B. Justo, do Consejo Nacional de Educación (1945-1952), do Instituto Nacional de Educación Física (INEF, 1945-1952) e das agrupacións galegas Ultreya, Os Rumorosos e do Centro Orensano Terra Nosa (1947-1952).
De 1952 a 1969 estableceuse en Madrid. Á volta foi nomeado profesor do Instituto de Arte Lírico da Secretaría de Cultura da Municipalidad de Buenos Aires (xullo, 1970) e director do Arquivo Musical do Teatro Colón (1973).
43


