TEMÁTICA: Fondo Lois Tobío
A biografía do diplomático Lois Tobío é unha encrucillada da turbulenta historia da Galicia do século XX. Galeguista militante, membro do Seminario de Estudos Galegos, diplomático comprometido coa Segunda República, exiliado e escritor, a súa vida crúzase coa das grandes iniciativas de construción da identidade de Galicia pero tamén da súa recuperación desde América tralo triunfo do golpe de Estado. Este especial quere dar conta da riqueza do seu fondo documental, cedido polos familiares ao Consello da Cultura Galega para a súa custodia e difusión. Seis documentos representativos que dan conta do valor do fondo para a historia contemporánea de Galicia.
0


