Temática: música tradicional

Temática: música tradicional [38]

Data Material Ver
Data Material Ver
Víctor Said Armesto na súa biblioteca
Retrato fotográfico de Víctor Said Armesto
Retrato de Víctor Said Armesto
«Canto de fiada», interpretado polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto. 1904
Foliada de las Rías Bajas interpretada polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto. 1904
«Muiñeira coreada das Rías Baixas» interpretada polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto
Cantiga da Ulla, interpretada polo coro Aires da Terra, coa participación de Said Armesto. 1904
Un trisco de Galicia en Lisboa
Ver

Transcripción da Un trisco de Galicia en Lisboa

O conxunto coral e artístico denominado Anaquiños da Terra foi creado en 1955, formado por un grupo de rapaces e rapazas entusiastas e amantes da música e do baile tradicional galego. Foi a primeira agrupación coral galega existente en Portugal. As súas representacións musicais atenden a unha reafirmación da identidade cultural da colectividade galega residente en Lisboa.
Nesta imaxe aparecen os compoñentes do grupo acompañados polo seu director, Artemio Lage Carracedo, no seu debut o 6 de xaneiro de 1956. Desde a súa consolidación o grupo comezou a participar na Rádiotelevisão Portuguesa e na Emissora Nacional.Tamén actuou no Coliseo, o maior teatro de Portugal, e en moitos outros espazos da cidade de certa relevancia.
Os seus alalás, pandeiradas e muiñeiras gustan tamén aos portugueses, amantes das variadas e harmónicas expresións folclóricas galegas.


Alborada recollida por Marcial Valladares Núñez no s. XIX (Vilancosta, Berres, A Estrada). Homenaxe de Gaiteiros do Ulla na casa petrucial de Vilancosta polo bicentenario do nacemento de Marcial Valladares (14 de xuño de 2021)
O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego
Ver

Transcripción da O «espíritu rexional» da Galicia emigrante e o himno galego

Os símbolos institucionais de Galicia foron oficializados definitivamente a través da Lei 5/1984, do 29 de maio, de símbolos de Galicia, aprobada polo Parlamento galego (DOG nº 120, 23/06/1984). Tal como consta no artigo 1, o himno —xunto coa bandeira e o escudo— simboliza a súa identidade como nacionalidade histórica.
A historia do himno galego non é tan recente como a promulgación da lei que o fixo oficial. En realidade, ten a súa orixe no certame musical organizado polo compositor Pascual Veiga Iglesias (Mondoñedo, 1842 – Madrid, 1906) e o seu Orfeón Coruñés Número 4, levado a cabo na cidade da Coruña en agosto de 1890. Na súa elaboración conxugáronse o poema titulado “Os pinos”, escrito por Eduardo Pondal y Abente (Ponteceso, 1835 – A Coruña, 1917), cunha composición musical do propio Veiga.
O himno galego constitúe un símbolo fortemente ligado ao fenómeno da emigración. A estrea tivo lugar no Gran Teatro da Habana o 20 de decembro de 1907, cando se celebraba unha homenaxe póstuma a Pascual Veiga, alma máter da súa melodía, co fin de recadar fondos para erixir un monumento no seu Mondoñedo natal. Os asistentes ao acto foron testemuñas da maxestade do himno. Podemos imaxinar esa prolongada ovación froito da emoción profunda sentida no gran salón, máis intensa aínda polo feito de ser escoitado tan lonxe da terra.
O 13 de decembro de 1908, o Centro Galego da Habana declarouno himno oficial para todos os actos organizados pola entidade. A partitura pronto chegou a Galicia e a peza musical foi tocada como pasodobre nas festas celebradas nos distintos lugares da xeografía galega. A súa reprodución estivo prohibida durante a ditadura de Primo de Rivera e no franquismo, pero a colectividade galega en América soubo mantelo vivo e difundiuno como elemento constituínte da súa identidade cultural.


Retrato Concha Luís Seoane
1900-00-00
Víctor Said Armesto como presidente da Tuna Clásica
1910-00-00
Mapa de Galicia cos percorridos nas recollas do romanceiro e outros xéneros de tradición oral
1920-00-00
Josefa Seoane e Faustino Luís (1920)
1924-00-00
Foto de familia. Concha do Canizo está no centro
1925-11-01
Na sesión do SEG do 16 de novembro de 1923 Magariños leu o seu traballo de ingreso, A regueifa, publicado posteriormente co título «Descripzón da regueifa en Negreira» n'A Nosa Terra
1948-00-00
Concha do Canizo coas súas amigas Avelina e Concepción (1948)
1950-00-00
Domingo de paseo polo Canizo 1950
1951-00-00
Concha do Canizo e Avelino con súa filla Fina (ca.1951)
1960-00-00
Baile no Lapedo o día da festa no Canizo (ca. 1960)
1979-03-00
«Canto vello. Muiñeira. Callobre. A Estrada»
1979-05-00
«Copla desafío. Salomé. Maroxo. Arzúa».
1980-00-00
«Copla de seitura. A Mezquita»
1980-00-00
Canto de Nadal. Candín
1980-00-00
Canto Penitencia de Rodrigo. Taramundi
1980-00-00
«Muiñeira e xota. Castrelo»
1998-00-00
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre: Muiñeira do Canizo
2003-00-00
Curso Metodoloxías e catalogación de recollida de campo en música tradicional. Dirección, Dorothé Schubarth
2003-00-00
Muiñeira. Intérprete Concha do Canizo (2003)
2003-00-00
Para qué dices que no la quieres. Valse interpretado por Concha do Canizo (2003)
2004-00-00
Concha Luis Seoane, Concha do Canizo, nunha gravación (O Canizo 2004)
2004-00-00
Si pasas el puente. Xota interpretada por Concha do Canizo (2004)
2004-00-00
As pombinhas da Catrina. Rumba interpretada por Concha do Canizo (2004)
2004-00-00
Cantar da sega. Intérprete Concha do Canizo (2004)
2008-00-00
Concha do Canizo tocando o pandeiro (2008)
2010-00-00
Rodrigo Romaní trío: Pasacalle de Entrudio do Canizo e Muiñeira Do Piñeiro Da Igrexa
2012-00-00
Cantar da arada. Intérprete Concha do Canizo (2012)
2015-00-00
Tanxedoras: Valse do Canizo

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0