VER ANUNCIO. DOGA (GAL)
DESCARGAR FORMULARIO (GAL)
No Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro de 2022, publicouse o anuncio de Extracto da Resolución do 1 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases xerais e específicas que regulan as convocatorias de diversos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de emprego temporal, que se convocan polo sistema de concurso.
As bases xerais e específicas completas que regulan as convocatorias poden consultarse na páxina web do Consello da Cultura Galega (https://consellodacultura.gal/convocatorias.php).
Código; Denominación; Grupo; Sistema selectivo
01.01.01; Administrativo/a-Secretaría de Dirección; III; Concurso
01.01.02; Administrativo/a-Secretaría Económico-Administrativa; III; Concurso
01.01.05; Administrativo/a xeral; III; Concurso
02.02.01; Técnico/a superior-Coordinador/a; I; Concurso
02.02.02; Técnico/a superior xestión cultural; I; Concurso
04.03.01; Técnico/a superior deseño; I; Concurso
04.03.02; Técnico/a xestión informática; II; Concurso
De conformidade co previsto nestas bases, o prazo de presentación de solicitudes será de vinte días (20) hábiles, que empezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica), mediante o servizo PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, e o destinatario será o Consello da Cultura Galega. No cadro «Asunto relacionado» deberá indicarse «Solicitude para a participación na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021».
A solicitude irá acompañada do formulario que se achega ao presente anuncio e que se atopa dispoñible na páxina web, do Consello da Cultura Galega (consellodacultura.gal). Coa solicitude indicarase expresamente a praza obxecto de interese da persoa solicitante.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan e de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2024
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

