NOTICIA

----

A presidenta recibe a visita institucional do delegado do Goberno en Galicia

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), recibiu esta mañá a visita de Pedro Blanco Lobeiras, delegado do Goberno en Galicia. No marco da xuntanza sentaron as bases para establecer unha colaboración permanente entre ambas as entidades. Ademais, o delegado asinou no Libro de honra da institución e destacou a visita ao “fogar da nosa lingua e da nosa cultura”.
A presidenta recibe a visita institucional do delegado do Goberno en Galicia

Na visita estiveron presentes varios membros da Comisión Executiva: o vicepresidente, Xosé Manoel Núñez Seixas; o secretario, Alejo Amoedo; a vogal, Rebeca Blanco-Rotea, e mais o xerente, Marcelino Fernández Santiago.