O programa Xestora é unha ferramenta informática creada no ano 2000 a iniciativa da Concellaría de Relacións Veciñais e Política Lingüística do Concello de Santiago. Xestora (3.0) engade modelos adaptados á lexislación vixente e contén, entre outras prestacións, un plan de contabilidade adaptado ás asociacións; documentación para a solicitude de subvencións; axuda para efectuar o balance e conta de resultados e os asentos de apertura e peche do ano.
Na edición desta terceira versión colabora a Deputación da Coruña, que xa distribuíu
3 000 exemplares entre as entidades sen ánimo de lucro da provincia.