RESOLUCIÓN da presidenta do Consello da Cultura Galega, pola que se fan públicas as listas provisorias de persoal admitido e excluído do procedemento selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a reducción da temporalidade no emprego público.
VER ANUNCIO. DOGA (GAL)
Para os efectos de darlle cumprimento ao disposto no apartado 7.1 das bases que rexen o proceso selectivo extraordinario de estabilización, aprobadas mediante resolución do 1 de decembro de 2022, o Xerente do Consello da Cultura Galega,
RESOLVE:
Primeiro. Aprobar e facer pública, no anexo I desta resolución, a relación provisional de persoas aspirantes admitidas.
Segundo. Aprobar e facer pública, no anexo II desta resolución, a relación provisional de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa específica da súa exclusión.
Terceiro. Publicar no Diario Oficial de Galicia o anuncio de exposición do listado provisorio, así como no portal web corporativo www.consellodacultura.gal o contido desta resolución e os anexos.
As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos requiridos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deban presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024
Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

