Consulta o itinerario no Fondo Miguel Gutiérrez
A selección, comentada polo catedrático de Historia Contemporánea da USC Emilio Grandío, está dispoñible no fondo Miguel Gutiérrez, unha importante colección documental que recolle a propaganda e publicidade políticas entre o final do franquismo e a década dos 2000. O itinerario súmase a outros cinco anteriores que nos permiten coñecer a fin da ditadura, a formación dos partidos políticos dou do Estatuto, entre outros. Nos vindeiros días, poderase acceder a un importante conxunto de novo material documental dixitalizado.

