----

Lectura conmemorativa no Día Mundial para a prevención do suicidio

O Consello da Cultura Galega (CCG) colaborou coa consellería de Sanidade no marco da actividade organzada co gallo do Día Mundial para a prevención do suicidio. No marco desta actividade tivo lugar unha lectura contemorativa a cargo da escritora Rosa Aneiros.

A actividade comezou coa intervención de Manuel Arrojo Romero, coordinador de Saúde mental que pediu gardar un minuto de silencio en honor ás persoas falecidas por suicidio. De seguido, a subdirectora xeral de Atención á Saúde Mental, Almudena Díaz Pereira, foi a encargada da inauguración. O catedrático de Psiquiatría na Universidade de Oviedo, Julio Bobes, ofreceu un relatorio titulado "De onde vimos e a onde imos na prevención da conduta suicida en España". A escritora Rosa Aneiros leu un texto de creación propia que comezou cuns versos da poeta Alejandra Pizarnik e rematou co recitado da letra da canción O.D.A de Guadi Galego. O acto rematou coa internvención do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño.