A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu no serán deste martes a visita do ministro de Cultura, Ernest Urtasun. No encontro abordaron a importancia de establecer vías de colaboración para fomentar a promoción e defensa dos valores culturais. Urtasun asinou no libro de honra onde destacou a ”misión do ministerio na protección da diversidade lingüística e cultural”.
A visita contou coa presenza do vicepresidente do CCG, Xosé M. Núñez Seixas.