O premio constará de dúas categorías: unha de carácter individual destinada a recoñecer a traxectoria dunha persoa a prol da dignificación da nosa cultura, e outra destinada a institucións, asociacións ou colectivos, na que se premiará o seu labor de recuperación, fomento e compromiso co patrimonio cultural do Bierzo.
O ditame do xurado, así como a data de entrega dos premios, farase público o vindeiro 14 de decembro, simultaneamente en Galicia na Galería Sargadelos do Barco de Valdeorras e mais en Ponferrada, no Hotel AC.
Para máis información: 678952430 (Asociación Berciana da Lingua “Xarmenta”).


