O Simposio ILG 2024 analiza a materialidade da cultura impresa
22/11/2024
O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Consello da Cultura Galega e o Ministerio de Cultura do Goberno de España, organiza o Simposio ILG 2024, que nesta edición leva por título “Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos”, no que a lingüística dialogará con outras disciplinas como as artes visuais, os estudos culturais ou a historia social.
As sesións desenvolveranse os días 27 e 28 de novembro de 2024 no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC. O prazo de inscriciónremata o vindeiro 25 de novembro.