Datos actualizados sobre o idioma da docencia na Universidade de Santiago
31/1/2005
Xa pode consultar en liña o número 25 do
Cartafol Dixital, que nesta ocasión nos achega, entre outros contidos, os datos actualizados sobre os idiomas nos que se imparte a docencia na USC. Segundo os datos extraídos do Plan de Organización Docente, impártese en galego o 20,14 % das horas de docencia.
Tamén pode consultar neste número a axenda de cursos de formación en lingua galega ou as bases dos II Premios á calidade lingüística.