A mostra ‘A intimidade da imaxe’ peneria no arquivo fotográfico que Anna Turbau realizou entre 1975 e 1979 para presentar unha Galicia distinta a do discurso habitual. Desde unha ollada fotoxornalística, Turbau retratou a Galicia da transición e algúns dos seus conflitos máis relevantes. A fotógrafa catalá mantivo unha estreita relación con Galicia que se iniciou en 1975, cando chegou xunto con Llorenç Soler para retratar as vivendas para familias xitanas construídas por César Portela e Pascuala Campos en Campañó (Poio). Arrincou así unha estadía de tres anos na que fotografou, entre outros movementos sociais, as loitas para conservar los montes veciñais, as protestas contra a construción da AP-9 ou a realidade dos Ancares.
O seu arquivo fotográfico formado por preto de dez mil fotografías foi cedido pola propia Turbau ao Consello da Cultura Galega para a súa custodia e difusión.
En palabras da comisaria da exposición, Margarita Ledo, “estas imaxes fálannos do modo de se fundir coa xeografía variábel, co corpo ferido, co vestixio, co ritual do grito e do silencio, coa festa na revolta, no pronunciamento e na consciencia da perda, nese tempo en que andou por Galiza so a fórmula de «enviada especial» e produciu outra imaxe das clases sociais sen imaxe, cun vocabulario no que, mesmo nos traballos para a prensa, incorporou os afectos”.



