Resólvese o Premio a artigos xornalísticos normalizadores
12/5/2006
Sinfonía en galego maior, de Ana Rodríguez Barreiro, e Un idioma na cetaria, de Ramón Vilar Landeira obtiveron o primeiro e segundo premios, respectivamente, da segunda edición deste concurso que convoca o Concello de Carballo.
Ademais do correspondente premio en metálico, os artigos gañadores sairán publicados nos diferentes medios colaboradores os vindeiros días 21 de maio (1º premio) e 20 de maio (2º premio). No caso dos medios non diarios, publicaranse ambos artigos no número inmediatamente posterior a estas datas.
A entrega dos galardóns terá lugar o vindeiro 18 de maio, ás 20:30 h no Pazo da Cultura de Carballo, no transcurso da mesa redonda Os medios de comunicación escrita en galego, na que participarán diferentes representantes da Asociación de Medios Escritos en Galego (AME).