----

Galescola: rede galega de escolas infantís públicas

Vicepresidencia da Xunta de Galicia creará unha nova rede de ensino infantil, constituída por 99 centros para nenos de 0 a 3 anos, que terá como principal obxectivo educar en galego e para os galegos.
Na Galescola respectarase o recollido no Plan de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia en 2004, polo que a lingua galega será o idioma vehicular naquelas áreas onde sexa maioritaria e no resto das zonas, onde o castelán sexa o idioma máis falado, garantirase o uso do galego na aula durante un terzo do tempo.