Convocatoria para a vinculación de persoal investigador ao Instituto da Lingua Galega
19/10/2026
O Instituto da Lingua Galega da USC abre unha convocatoria de expresións de interese para a vinculación de persoal investigador á súa actividade científica.
O prazo está aberto ata o 28 de outubro de 2026. As solicitudes teñen carácter estritamente individual e deberán remitirse por correo electrónico ao enderezo ilgsec@usc.gal. Deben conter un currículo breve e este fomulario cuberto.